Cuba renova na Organización Mundial de Comercio (OMC) a súa denúncia contra o Bloqueo, a inxeréncia ilegal dos EUA que se mantén coma principal atranco para o progreso material da illa dende 1960. Recordouno Alina Revilla, encargada de negócios de Cuba na ONU, na sesión do decimoterceiro exame da política dos EUA dentro da OMC no pleno celebrado en Xenebra. Revilla acrecentou que dous anos depois de Habana e Washington restablecer relacións diplomáticas e abordar a normalización do seu trato comercial e financeiro, non se aprecian cambios de importáncia na aplicación da política de cerco contra Cuba.
Unha sentencia do Tribunal Supremo impide á empresa Bacardí-Martini falsificar a marca de ron Havana Club, propiedade do Estado Cubano e comercializada en asociación coa compañía francesa Pernod-Ricard. O Tribunal confirma sentencias de instancias previas que denegaban á Bacardí-Martini todo o dereito sobre a marca cubana.
O reaccionario grupo de presión cubano-norteamericano leva dezasete anos tratando de violentar a norma internacional sobre marcas e os acordos da OMC e animando á empresa Bacardí-Martini a se apropiar dunha etiqueta que nunca foi da súa propiedade baixo o amparo da prepotente Lei Helms-Burton e mediante o desafío da soberanía e as normas de cada país.
A rede internacional de solidariedade con Cuba, asi coma as asociación da emigración cubana en Europa promoven a intensificación da campaña “Bacardí, un mal trago” despois desta noticia que confirma que Bacardí-Martini viola a Lei no que se refire á prestixiosa marca nacional cubana Havana Club. Seguir lendo O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"