Non parece interesar aos grandes medios de comunicación a opinión das cubanas e cubanos traballadores da saúde no Brasil. Os grandes medios acusan a Cuba de non ter liberdade de expresión nin pluralismo, malia os medios de comunicación cubanos recolleren as declaracións de moitos deses médicos, quer no Brasil, quer en Cuba, onde xa regresaron máis de 2.000 dos mais de 8.000 profesionais que levaban adiante o programa Máis Médicos e depois de Jair Bolsonaro, Presidente electo do Brasil, utilizar o desprezo e a ameaza contra eles. A opinión das integrantes das brigadas médicas aldraxadas non parece ser de interese dos media nodais do capital. O programa Mais Médicos fora lanzado na IX Reunión Tripartita entre Brasil, Cuba e a Organización Panamericana da Saúde/Organización Mundial da Saúde (OPS/OMS) en 2013.
Por sexto ano consecutivo, Cuba prevê uma taxa de mortalidade infantil inferior a cinco em cada mil nascidos vivos. A incidência está por baixo de países desenvolvidos, como Estados Unidos ou o Canadá. Os resultados do programa Materno Infantil têm sido possíveis graças aos planos de Genética Médica, setor que desde 1983 foi reestruturado e aperfeiçoado; e o de Imunização, o qual protege os infantes contra 13 doenças previsíveis, com a aplicação de 11 vacinas ou produtos imunobiológicos, oito deles de produção nacional. Ainda, no ano que conclui mais de sete mil cubanos foram beneficiados com a terapia celular em medicina regenerativa, em padecimentos de ortopedia, angiologia e odontologia, segundo o Instituto de Hematologia e Imunologia, de referencia nacional nesse ramo.
Prensa Latina – Terra Sen Amos Cuba está disposta a compartir a experiencia clínica de ser o primeiro pais en evitar a a transmisión de SIDA e Sífile de mai a fillo. La Organización Mundial da Saúde (OMS) entrega ao sistema público de saúde cubano a primera validación internacional contra a transmisión perinatal dos dous andazos, unha clínica devecida dende hai anos polas multinacionais da farmacia norteamericanas, británicas, canadianas e suizas. Anunciando o histórico avance, o ministro de Saúde Pública, Roberto Morales Ojeda, reafirmóu o compromiso da Revolución de seguir axudando a outras nacións no acceso e cobertura universais de asistencia médica para a defensa contra a enfermidade. A declaración do responsábel cubano da saúde chegou como resposta ao recoñecemento oficial da Organización Panamericana da Saúde (OPS) da OMS e da UNICEF.
Terra Sen Amos Cuba, un pais de once millóns de habitantes con recursos escasos e bloqueado polos Estados Unidos dende hai 54 anos, demostra máis resolución e compromiso contra o Ébola ca os paises ricos. O xornal The Washington Post recoñece a cualidade e importancia da axuda médica de Cuba aos países africanos castigados polo andacio depois dunha equipa de 165 profisionais da asistencia chegar a Freetown, en Serra Leona.
Das Universidades de Cuba sairán este ano 10.500 médicos, 5.683 cubanos e 4.843 procedentes de 70 paises dos cinco continentes, entre eles os Estados Unidos. Os graduados son homes e mulleres con alto nível de preparación e de compromiso cos desposeídos do mundo. Dende 1961 até 2012, son máis de 124.700 os médicos cubanos formados nas Universidades da illa e decenas de miles os extranxeiros que cursaron estudos de medicina con bolsas integrais do Estado.
Cuba contaba con seis mil médicos na altura de 1959 pero o pais houbo de resolver con menos de tres mil o convulso periodo da primeira contraofensiva reaccionaria, despois da deserción antipatriótica dos médicos burgueses que preferiron emigrar a Estados Unidos antes de participar no proxecto de sanidade socialista emprendido pola Revolución. Contra esta traición que tan graves problemas orixinou, Cuba é hoxe o pais con máis médicos per cápita do mundo e o seu modelo de sanidade é citado como exemplo pola OMS. Seguir lendo Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseria→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"