Arquivo da etiqueta: ONU

O deputado Yañez propón para Cuba un sistema incompatibel coa democracia: o capitalismo

Santiago Alba Rico, Belén Gopegui, Carlos Fernandez Liria, Pascual Serrano

Tempos para reflectir sobre a economía. Despois de algunhas décadas de predominio neoliberal, patrocinado pola escola de Chicago, a economía mundial atópase fronte unha crise de consecuencias imprevisibeis, gravísimas en calquera caso.

O mínimo que se podería pedir ao espírito científico é cambiar o paradigma, inverter as evidencias, reacionar, ao fin, á vista do fracaso intelectual que impediu diagnosticar e prever a catástrofe cando estaba en portas. É iso o que se está a facer? Temos visto versións máis ou menos destrutivas do capitalismo, como tamén do socialismo. Mais na lóxica interna que diferencia un do outro, hai algo que debería hoxe interesarnos vivamente: o socialismo pode deixar de crecer, o capitalismo non. O socialismo pode ralentizar a marcha, o capitalismo non. Seguir lendo O deputado Yañez propón para Cuba un sistema incompatibel coa democracia: o capitalismo

Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

A Asemblea das Nacións Unidas critica con máis votos que nunca a política de inxerencia de Estados Unidos contra Cuba.

O país máis armado da historia da humanidade intervén como promotor da sabotaxe administrativa e bombista contra outro pequeno Estado que exporta médicos e mestres a todo o mundo ao tempo que promove o principio da xustiza e a igualdade. O voto da ONU indica que as razóns de Cuba poden máis que a forza do Imperio. Seguir lendo Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009

Alejandro Ruiz – Venezuela Cantaclaro

O Índice Global de Paz (IGP) elaborado anualmente polo Instituto de Economía e Paz ven de presentar na ONU a súa edición de 2009 na que se revela que Cuba ten mellores indicativos de benestar ca os Estados Unidos: Cuba ocupa o lugar 68 mentres Norteamerica aparece no 83.

O Indice analisa en cada país 23 indicadores que permiten avaliar a educación, a asistencia médica, o benestar material, a criminalidade, a corrupción política, a estabilidade social, a confianza na representación e a atención obxectiva aos problemas detectados na sociedade así como a democracia medida en canto a posibilidade real de intervir no governo colectivo. No estudo é de capital importancia a opinión da cidadanía de cada país ao repeito da liberdade de prensa, o pluralismo político, o benestar económico, a liberdade da iniciativa privada, a opción relixiosa en liberdade plena e o respeito polos dereitos fundamentais. Seguir lendo Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009

O PRESIDENTE DA ONU DI QUE O BLOQUEO É UNHA TEIMA ENFERMIZA DE USA

NACIÓNS UNIDAS, 28 de outubro. Prensa Latina

O presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel de Escoto lembrou hoxe que o bloqueo económico imposto por Estados Unidos a Cuba é expresión “dunha teima enfermiza” de Washington contra a Illa.

“O que non tolera o Governo USA -dixo o respectado diplomático nicaraguano e presidente da Asemblea das Nacións Unidas- simplemente, é que exista un lugar coma Cuba que se levanta como heroína da solidariedade e defensora de valores que o mundo necesita para a supervivencia da especie humana”, dixo de Escoto.

O Presidente do foro político mundial fixo estas declaracións na véspera da votación anual na Asemblea Xeneral dun proxecto de resolución contra o bloqueo económico que Estados Unidos impón a Cuba por case 50 anos.

O presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel de Escoto
O presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel de Escoto

 

Esa resolución recibiu o ano pasado o respaldo case unánime de 184 dos seus 192 membros, os que votaron a favor de que o goberno estadounidense suspendese esa medida coercitiva contra a nación caribeña.

Para a votación deste ano, que terá lugar mércores 29, agárdase un novo respaldo masivo dos membros do supremo organismo da ONU. Con todo, de Escoto dixo que en repretidas ocasións tiña perguntado “de que serve a Asemblea cando votacións con cuase unanimidade que reflicten os desexos do 95% dos membros da ONU son ignoradas olímpicamente”, sinalou.

O diplomático nicaraguano indicou ao respecto que un dos temas na súa axenda de traballo corresponde a un clamor universal dende fai polo menos 15 anos como é o fortalecemento da Asemblea Xeral como parte do proceso de reformas da ONU.