Terra Sen Amos – Redacción
Como soleira da homenaxe de Galiza ao Lider da Revolución, programado para o serán de sábado 29 en Pontevedra, a Francisco Villamil presentou en Compostela o libro Palabras Galegas para Fidel, un completo inquérito sobre a figura que virou páxina ao secuestro neo-colonial de Cuba, puxo o Apartheid no altar das reliquias e acordaria, co exemplo, a coherencia e as ideas, o anti-imperialismo de América Latina para o novo século. A palestra sobre a edición, foi recollida na páxina de Sociedade de La Voz de Galicia que comentou o encontro na Librería Pedreira, da rúa do home Santo, e a intervención de Valentín Alvite, presidente da Francisco Villamil, do directivo e ex-presidente Ramón Fernández Leal e do cónsul xeral de Cuba José Antonio Solana, na fotografía do diario de dereita a esquerda.
Martes 25, ás 19,30, celebrarase unha palestra sobre o libro na librería Andel (Avenida das Camelias 102) de Vigo.