Arquivo da etiqueta: Primeiro Mundo

CENSURA CONTRA CUBA

O que se coñece internacionalmente coma “Operación Milagre” (Operacion Milagro) é a maior iniciativa de solidariedade médica da Historia. A medio deste programa, persoas sen posibeis de países do Terceiro Mundo son operadas de balde de enfermidades da vista, coma cataratas, glaucoma, estrabismo e algunhas máis (1).

Entre 2004 e outubro de 2008 foron operadas 1.314.000 persoas de 33 países de América Latina, África e Asia, e para 2014 o obxectivo do programa é chegar á cifra de 6 millóns de persoas operadas.

Operación Milagre
Operación Milagre

 

Ningún medio de prensa, radio ou televisión internacional deu conta desta xigantesca iniciativa solidaria. Cal é a razón deste silenzo? A explicación é simples: a Operación Milagre non está financiada por ningún país do Primeiro Mundo, non está avalada por fondos do Banco Mundial, nin ten o compadrazgo de ningunha empresa ou fundación privada.

Quen levan adiante a Operacion Milagre son dous gobernos de países do Sur, que achegan ás persoas beneficiarias, sen cobramento ningún, toda a súa infraestrutura de saúde pública, miles de médicos, todos os medicamentos precisos e mesmo o translado en avión aos hospitais de ambolosdous países.

O nome das dúas nacións que organizan e financian a Operación Milagre explica de contado por que os grandes medios decidiron silenciala: son Cuba e Venezuela (2).

O paradoxo é que, mentres estes medios fan desaparecer da axenda informativa o maior proxecto de solidariedade médica xamais coñecido, os medios reservan espazos, cada día maiores, a proxectos humanitarios de mínimo impacto que son financiados por clínicas oftalmolóxicas ou distribuidores de produtos ópticos (3). Estas iniciativas, que apenas benefician a uns centenares de persoas en países do Sur, están integradas na chamada “responsabilidade social corporativa” das devanditas empresas, que é desenvolvida dende os seus departamentos de mercadotecnia. Moitas destas compañías, claro está, son importantes clientes publicitarios dos medios de comunicación.

Un estudio da organización internacional Oxfam denunciaba que as patentes da empresas farmacéuticas impiden o acceso a custo adsequibel aos medicamentos para o tratamento de enfermidades da vista, sendo esta a causa da cegueira de máis de 30 millóns de persoas no mundo (4). Este informe, que aposta polos medicamentos xenéricos e polo tanto atenta contra os intereses das compañías farmacéuticas, potenciais clientes publicitarios dos medios, tamen non mereceu atención acorde á súa importancia.

AS DESERCIÓNS SON NOTICIA Algúns medios, con todo, si deron informaron sobre a Operación Milagre. Pero non para narrar a experiencia de algunha das miles de persoas, marxinadas e esquecidas durante anos, que recuperaron a súa visión grazas á solidariedade de Cuba e Venezuela. O único que recolleron como feito noticiabel foi que uns poucos médicos cubanos abandonaron o programa. Só porque decidiron multiplicar o seu salario exercendo en clínicas privadas de América Latina ou dos Estados Unidos (5).

Non debe esquecerse que existe todo un sistema de captación de médicos cubanos dirixido e finanzado dende organizacións de Miami e dende os consulados e embaixadas de EEUU. Porén, a tal rede de captación resultou ser un completo fracaso se atendemos ás cativas cifras de médicos captados. Cuba ten preto de 42.000 cooperantes en 110 países do mundo, dos cales o 75% son persoal de saúde. A páxina web “Barrio fóra” (6), creada en Miami para a captación con diñeiro de médicos cooperantes cubanos, fala dun escaso “centenar de profesionais cubanos (que) chegaron aos Estados Unidos procedente de terceiros paises”.

A pesar diso, diarios de moita difusión dedican reportaxes completas aos casos particulares de médicos que desertaron.

Os medios tamén converten en noticia as protestas dos colexios e asociacións médicas dos países beneficiados pola Operación Milagre (7). Esta elite profesional e empresarial actúa como grupo de presión sobre os gobernos dos seus países contra estes programas solidarios, xa que a gratuidade do servizo oftalmolóxico cubano fai perigar os seus intereses económicos particulares.

A Operación Milagre é un gran desafío para as elites latinoamericanas e para os grandes medios de comunicación do mundo. É a demostración de que a ideoloxía da solidariedade pode vencer á ideoloxía do individualismo e do diñeiro. E que a solidariedade non é compatibel cos intereses empresariais nin as grandes fortunas. É un proxecto profundamente subversivo. Por iso, as grandes empresas que controlan a información dominante decidiron censurar unha das máis importantes e esperanzadoras noticias deste comezo de século XXI: a Operación Milagre.

As cifras completas de pacientes operados dende o 2004 ata o 28 de outubro de 2008, son as seguintes:

Venezuela: 566.704
Cuba: 171.183
Resto do Caribe (15 países): 54.801
Resto de América Latina (14 países): 511.358
Malí: 6.714
Angola: 2.453
Total (33 países): 1.313.213

NOTAS NO TEXTO
(1)
(2)
(3)
(4)
(5)
(6)
(7)