Arquivo da etiqueta: Raúl

Raul reafirma en Caracas o compromiso de Cuba coa Patria Grande

Cubadebate – (Edición e traducción da Redacción de TSA)

Raul recorda en Caracas que o compromiso internacional da Revolución Cubana comeza pola Patria Grande de Bolívar e Martí. Once presidentes dos EUA ofreceran rematar o Bloqueo a condición de Cuba renunciar ao seu proxecto dunha América anti-imperialista, mais a Revolución non cedeu pesia ter que pagar un prezo altísimo pola súa firmeza. No cúmio da ALBA-TCP, Raúl explica ao duodécimo presidente do Bloqueo que ningunha causa xusta da Patria Grande é allea a Cuba e adica un recordo especial a Venezuela, Brasil, Ecuador, Arxentina, Bolivia e Nicaragua.

O cúmio da ALBA recorda os protagonismos claves de Fidel e Chávez no proceso de integración da Patria Grande.

Seguir lendo Raul reafirma en Caracas o compromiso de Cuba coa Patria Grande

Raúl anúncia que a recesión do 0,9% no 2016, pode ser remontada no aninovo

Terra Sen Amos – Redacción
Raúl Castro dixo na Asemblea de Parlamento que a economia de Cuba entrou en recesión en 2016 cunha baixada do PIB do 0,9 %. Con todo, anunciou que o crecemento rondará o 2% no 2017. O presidente cubano atribuiu o decrecimento da economia no exercicio de 2016 aos recortes nos subministros de combustibel e as tensións financeiras, o que non impediu preservar plenamente os servizos de educación e saúde gratuitos e evitar o colapso da economía ou o regreso dos apagóns, “como auguraban medios internacionais de prensa hostís”.

Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.
Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.

Seguir lendo Raúl anúncia que a recesión do 0,9% no 2016, pode ser remontada no aninovo

A prensa galega recorda a Fidel nos seus 90 coma protagonista principal da política contemporánea

Terra Sen Amos – Redacción

A prensa galega recorda a Fidel coma o xefe de Estado que realiza a independéncia de Cuba e polo seu protagonismo en avances de grande trascendéncia na política internacional. Os medios salientan no 90 aniversário do Lider da Revolución, a súa condición de fillo de emigrante de Lugo e recordan o éxito da súa visita a Galiza en 1992. “Dende calquer ángulo que contemplemos a personalidade de Fidel Castro, non hai dúbida de estarmos diante dun protagonista principal da política contemporánea, convencido, asemade, de o xuicio da historia virar ao seu favor”, indica José Manuel Ponte, columnista de Faro de Vigo e La Opinión, quen o cualifica de “heroe romántico que nos descobrera o xornalista Herbert Mattews nas páxinas do New York Times, cando comandaba a guerrilla na Serra Maestra, e lider anti-imperialista mundial que levou a revolución ao resto de Latinoamérica e África”. 

No 90 aniversário de Fidel, a prensa recorda o éxito da súa visita a Galiza no 92.
No 90 aniversário de Fidel, a prensa recorda o éxito da súa visita a Galiza no 92.

Seguir lendo A prensa galega recorda a Fidel nos seus 90 coma protagonista principal da política contemporánea

“Compromisso de Cuba com a paz na Colômbia será permanente” (Raúl na assinatura dos acordos de cessar-fogo)

Granma – Terra Sen Amos

“A paz será a vitória de todos na Colômbia mas também do nosso continente”. A sentenza de Raul Castro encerrou a cerimônia da assinatura dos acordos sobre cessar-fogo e das hostilidades, com entrega de armas e garantias entre Governo da Colômbia e as FARC-EP, no cenário das conversas de paz desde 2012, Havana, até 23 de junho de 2016. “A Comunidade dos Estados Latino-Americanos e do Caribe (CELAC) -acrecentou presidente de Cuba- tem, em sua jovem história, o grande marco da proclamação desta região como uma Zona de Paz. Fim do conflito armado na Colômbia será uma nova demonstração do compromisso dos nossos povos contra o uso e ameaça da força e de solução pacífica de controvérsias. Perante diferenças,  diálogo; perante desafios, cooperação”.

Na mesa dos acordos na Habana, Raúl, á beira do Comandante Timoleón Jimenez, chefe do Estado Maior-Geral das FARC-EP, arrodeados de Santos Calderón, presidente de Colômbia, Ban Ki-moon, secretário-geral da ONU e Borge Brende, ministro dos Negócios Estrangeiros do Reino da Noruega.
Na mesa dos acordos na Habana, Raúl, á beira do Comandante Timoleón Jimenez, chefe do Estado Maior-Geral das FARC-EP, arrodeados de Santos Calderón, presidente de Colômbia, Ban Ki-moon, secretário-geral da ONU e Borge Brende, ministro dos Negócios Estrangeiros do Reino da Noruega.

Seguir lendo “Compromisso de Cuba com a paz na Colômbia será permanente” (Raúl na assinatura dos acordos de cessar-fogo)

Cuba con Dilma e o PT contra o golpe de estado

Terra Sen Amos – Redacción

Depois de a maioria do Senado declarar suspensa a presidéncia electa da República do Brasil, o governo de Cuba difundiu unha declaración de apoio para a presidenta Dilma Rouseff, o Partido dos Trabalhadores, o ex-presidente Lula da Silva e o povo dos Estados Unidos do Brasil. A nota da Habana recorda que se trata dun golpe de Estado parlamentar-xudicial, disfrazado de legalidade, ensarillado hai meses co  propósito de revertir o proxecto político do Partido dos Trabalhadores, derrocar o governo democrático e suplantar un poder que os intereses financeiros e o imperialismo non deran gañado co voto.

Cuba reafirma seu apoio a Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil
Cuba reafirma seu apoio a Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil

Seguir lendo Cuba con Dilma e o PT contra o golpe de estado