A agresión imperialista con Venezuela foi o centro do discurso de Raúl no XV Cumio da ALBA-TCP, na súa denuncia máis dura contra EUA dende o restablecimento de relacións diplomáticas. O discurso acaéu na data do pasamento de Hugo Chávez Frías, fundador con Fidel da ALBA. “A Alba –dixo Raúl- ten hoxe como cometido estratéxico emerxente a defensa mancomunada da República Bolivariana de Venezuela, ameazada militarmente e interferida na súa economia polo imperialismo dos EUA”.
Raúl Castro foi a Santa Clara para lembrar ao Che no 50 aniversario da caída en combate do guerrilleiro e os seus compañeiros, e o vicepresidente, Miguel Díaz-Canel, dixo que a histórica praza e memorial era coma un espello para todas as persoas que cren, aspiran e loitan por un mundo mellor e que a figura de Guevara ten o poder de multiplicar vontades para un futuro que é da esquerda. No seu discurso, dixo que Guevara morrera en combate, sen se render, depois dunha resistencia heroica, ferido e desarmado. “Os que o prenderam non consideraran o decoro da súa biografia revolucionária e asasinárono con vileza, mais daqueles asasino a historia só lembra a súa cobardia e pola contra, o exemplo colosal do Che perdura e multiplícase a diario”. Seguir lendo Até sempre, comandante Che Guevara!→
Fidel cumpriría 91 este mes de agosto e segue entre nós, rodeado polo agarimo do seu pobo. Fidel encarna o sentir de millóns de cubanos e de admiradores no mundo enteiro. Lembrámolo no seu uniforme verde oliva de Comandante: andar ergueito, trato agarimoso, mirada penetrante e fonda convicción antimperialista e martiana; a súa vontade de aceiro para superar o acontecer máis arriscado; o seu saber e, nomeadamente, o amor infindo pola humanidade e os pobres, aos que adicou a vida enteira.
Mentres a informacion dominante e delegada da hexemonia financeira acusa ao governo democrático de Venezuela de causar o caos no pais, Raúl Castro aproveitou unha asemblea trascendental do Parlamento de Cuba para denunciar a escandalosa conspiración mediática e golpista contra a República Bolivariana. “Quero acusar con voz alta e clara a agresión que sofre a nazón irmá, na que intereses políticos económicos imperialistas fan por impedir a libre determinación do pobo de Venezuela”. O presidente acusou aos EUA e governos cúmplices, de arbitrárias e inxustas sancións contra Venezuela e secomasi, de inxeréncia nos asuntos internos do pais soberano a traveso da Organización de Estados Americanos (OEA) e da difamación e manipulación da realidade, nunha cospiración encamiñada a derrubar o governo constitucional e democrático.
Só o lema A nosa forteza é a unidade, toda Cuba botouse a rúa para celebrar o 1º de Maio, en defensa da Revolución e da dignidade e valor moral conferido polo traballo. En uniforme de xeneral do exército e cuberto co chapeu labrego de palla, Raúl Castro saúdou a marcha chegada á Praza da Revolución, na compaña do Presidente da Asemblea do Poder Popular e do corpo diplomático acreditado n´Habana así como de líderes sindicales e personalidades chegados de todo o mundo. A primeira auséncia do Lider Histórico da Revolución foi extensamente compensada con cartaces de Fidel. Na concentración ergueuse de novo o clamor contra o bloqueo económico, financeiro e comercial imposto por Estados Unidos en desafio do dereito internacional e renovouse a demanda de devolución do territorio ilegalmente ocupado por EUA na badía de Guantánamo. Nas demonstracións que percorreron toda a illa, ocupou un lugar sobranceiro a sintonía coa Revolución Bolivariana, perante os ataques terroristas de grupos finanzados pola dereita e foron condenados os renovados ataques do imperialismo contra a emancipación de América Latina.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"