Lisandra Fariñas – Granma
Cuba reduciu en 2017 a taxa de mortalidade infantil a 4,0 por cada 1.000 nados vivos, a cifra máis baixa na historia da sanidade da illa e un dos mellores indicativos no mundo, segundo informou Roberto Morales ministro de Saúde Pública, nunha comparecencia na que deu conta da estatística do exercicio. “Este fito é un refrexo da integración de todo o sistema asistencial do país, que se manifesta en vidas salvadas, en calidade de vida, e en benestar e satisfacción para o pobo”, dixo o ministro que anunciou tamén a redución doutras incidencias a respecto do ano anterior: os casos de baixo peso ao nacer, desceran de 5,2 a 5,0 por cada 100 nacementos; as taxas de mortalidade materna, de 42,6 a 38,0 por cada 100.000 nados vivos, e a escolar, de 2,1 a 1,7 por cada 10.000.
Seguir lendo Cuba reduce a 4,0 a taxa de mortalidade por 1.000 nados vivos