Rosa Bentraces – Terra Sen Amos
A Terceira Via de Tony Blair e Felipe González, prometía centrismo e acabou ao servizo de Murdoch e de Gas Natural, aos pés da Posición Común contra Cuba do franquista Aznar, e na primeira liña do cerco imperial contra o governo democrático de Venezuela; asumiron o bombardeo de Belgrado pola OTAN; a ocupación de Palestina, Libia, Siria, Afganistán, o Estado de Sitio de Exipto; intermediaron na lea de Darfur (Sudán) a beneficio das transnacionais, e non se inmutan por catro millóns de mortos en Congo en guerras por recursos pagadas polo Norte. Agora aconsellan a Cuba unha Terceira Via que dinque librará a un tempo do Bloqueo e da planificación central. Mais o caso é que os valedores da célebre Terceira Via son amigos dos promotores do Bloqueo, como explican no libro dixital El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo, Enrique Ubieta, Elier Ramírez Cañedo, Javier Gomez Sanchez ,Carlos Luque, Zayas Bazán, Emilio Ichikawa, René Vázquez Díaz, Arnold August, Raúl Capote Fernández e Jorge Angel Hernández, entre outros autores.
Seguir lendo Os valedores do centrismo en Cuba son amigos dos promotores do Bloqueo