A personalidade de Fidel é parte da historia contemporánea dos agredidos no mundo polo que sen programas públicos de conmemoración, o seu 88 aniversario convocou comentarios en todo o planeta. No seu visitado sitio electrónico La Pupila Insomne, o xornalista cubano Iroel Sánchez escrebeu un artigo que ofrecemos en versión galega como mostra singular do extraordinario trebón de letras formado arredor de Fidel nesta data:
(Iroel Sánchez, La Pupila Insomne, 12.08.14)
“Foi dos primeiros en denunciar o que podia haber tralo atentado contra o avión malaio, so o ceo de Ucraina. Coidaron algúns que era moito cismar. Os feitos, outravolta, venlle dar razón.
“O vello raposo caribeño Fidel Castro non se deixou enganar e acusou Ucraina do disparo contra o avión, xustamente no comezo do infanticidio de palestinianos a mans da potencia nuclear de Israel”. Isto escrebeu o xornalisma mexicano Alfredo Jalife-Rahme.