Cubadebate – Terra Sen Amos
Os himnos nacionais de Cuba e Portugal resoaron na céntrica avenida Fontes Pereira de Melo de Lisboa ao receber na entrada da Embaixada de Cuba, no número 19, un galano floral de cravos vermellos e brancos en recordo de Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976. Unha placa conmemorativa recorda na porta da legación aos dous diplomáticos asasinados en plena mocidade. A onda de máis de 150 atentados contra misións diplomáticas e obxectivos cubanos en máis de 20 países sucedera entre 1975 e 1976, con ataques terroristas contra as Embaixadas de Cuba en Perú e México e outras legacións, entre elas a de Nova York.
Perante invitados e representantes do Governo e o Parlamento de Portugal, as Embaixadas de América Latina e organizacións amigas, interveu en nome da Asociación de Amizade Portugal-Cuba (AAPC), Armanda Fonseca quen dixo que a Asociación honrara nos seus 42 anos de existencia a memoria de Adriana e Efrén, exemplo da heroica loita pola independéncia de Cuba expresada na divisa Morir por la Patria es Vivir do himno nacional de Cuba.
Johana Tablada, embaixadora de Cuba en Portugal lembrou os acontecementos daquel día e dixo que Adriana e Efren, nas súas breves vidas, xa realizaran unha importante contribución á Revolución. En particular destacou a incorporación moi temprana de Adriana á loita revolucionaria contra a ditadura de Batista asi como a exemplar traxectoria de Efrén, quen fose delegado ao Festival da Mocidade en Argelia e membro da delegación que acompañou a Fidel no cume dos Non Alineados en Argel e o seu percorrido por Asia e África.
As verbas de Martí cando a vida é cumprida, a morte non é verdade, serveron a Embaixadora para relatar o compromiso de todas as delegacións de Cuba ao chegaren a Lisboa, co legado dos herois inscritos na porta da embaixada, e emoción de seren algúns visitantes amigos e compañeiros dos rapaces que ficaran orfos por aquel atentado terrorista.
A embaixadora agradeceu a solidariedade dos portugueses e transmitiu a mensaxe de Betina Palenzuela, filla de Adriana, quen en nome dos cinco fillos dos heroes dirixira o seguinte recordo para Cubanos e amigos: loitar sen descanso pola Patria é a mellor homenaxe a Adriana e Efrén. “Aquí hoxe –dixo a embaixadora- acompáñannos amigos que estiveran daquela e sempre, depois da inmensa mostra de solidariedade do povo portugués cando o atentado de 26 de abril de 1976, e coido que Adriana e Efrén sentirían orgullo de ver a resolución coa que Cuba continuou coa súa Revolución, con altísimo sacrificio e dignidade e defendendo as conquistas e as ideas polas que eles mesmos entregaran as súas vidas.”
No acto rendeuse tributo a Leonardo Ortiz Estrada, Bárbara Caridade Cruz e Eric Omar Pérez, médicos de Cuba mortos no sismo do Ecuador, no mesmo empeño da Revolución de salvar vidas en todo o mundo, aínda a risco de perderen a súa, exemplo máximo de solidariedade.
No acto participaron Rui Alves, director de América do Ministerio de Relacións Exteriores portugués, Paulo Neves deputado e presidente do Instituto para a Promoción e Desenvolvemento de América Latina (IPDAL), membros do Corpo Diplomático de América Latina, Pedro Guerreiro e Manuel Gonzales, membros do Comité Central do Partido Comunista Portugués, Augusto Fidalgo presidente da AAPC, Victor Guerra presidente do Colectivo da Asociación de Cubanos Residentes en Portugal, Elizabeth Rodriguez filla do entón corresponsal de Prensa Latina en Portugal, representantes dos sindicatos CGTP-IN e STAL, organizacións amigas como a Unión de Resistentes Antifascistas Portugueses (URAP), o Consello Portugués para a Paz e a Cooperación (CPPC), o Movemento Democrático de Mulleres (MDM) e a Mocidade Comunista Portuguesa (JCP), representante da Casa de América Latina e estudantes cubanas que realizan doctorados en universidades portuguesas asi como cubanos residentes.