Rebelión.org – Terra Sen Amos
Invocando o Bloqueo, o banco holandés ING négase a facer unha transferencia a Cuba de 60.000€. O diñeiro procede da solidariedade alemana para socorro dos prexudicados polo furacán Irma. A Asociación de Amizade RFA-Cuba, denuncia dende Colonia o oportunista sometemento da institución financeira neerlandesa ás normas ilegais dos EUA, dirixidas a aillar e empobrecer Cuba, mesmo en circunstancias de emerxéncia humanitária.
Non é esta a primeira ocasión na que firmas neerlandesas prefiren volver costas a Cuba antes que desafiar o abuso dos EUA. En 2009 a firma Intervet, de Holanda, fornecía a Cuba unha vacina de inmunización animal mais o goberno norteamericano ameazou a empresa cunha sanción e esta cesou o subministro; en 2014 a Phillips holandesa tamén faltou ao seu compromiso de facilitar repostos para as máquinas de diagnóstico axial computerizado, vendidas a Cuba, por temor a unha sanción de EUA.
No entanto continúan abertas numerosas contas de axuda a Cuba en todo o mundo e o Movimento de Solidariedade chama a convertir a campaña nun “furacán de solidaridad de categoría cinco”.
A Asociación de Amizade RFA-Cuba ultrapasara a cifra de 60.000€ a pouco de lanzar unha activa campaña para recompoñer as defeitas causadas poe Irma na illa. Un socio desta entidade, querendo ingresar unha doazón na conta da solidaria, recibiu como resposta do banco neerlandés que non podía transferir directa nin indirectamente a Cuba, Irán, Corea do Norte, Sudán e Siria. O banco recusou o recibo e a transferéncia.
RFA-Cuba sinala que a normalización necesaria das relacións entre Cuba e os estados da Unión Europea só será realizábel rematando co Bloqueo que ainda defenden algúns socios da UE. A Asociación chama a resistir o Bloqueo e axudar ao pobo de Cuba, xusto cando máis precisa da solidariedade por razón dos gravísimos danos causados por Irma