José Martí, o revolucionario para todos os tempos.
Gramma, 28.01.10 A imaxe de Martí —o revolucionario que falou para onte e para hoxe— é coma as árbores xigantes que conforme pasa o tempo por elas, más afianzan as súas raíces e medran.
Martí bota raiceiras e sen descanso medra —baixo a terra e sobre a terra — e ha medrar todos os anos e todos os días no traballo creador dos cubanos, e nos esforzos revolucionarios do seu povo.
Vímolo medrar nos desfiles escolares dos rapaces que tanto amou; nos recitais, cantos e concertos populares; nas solemnes homenaxes perante os monumentos que o recordan.
A relación entre o pensamento e a acción do home que levedou a guerra do 95 e o pensamentio e a acción dos homes que desencadenaron o actual proceso revolucionario, son ben claros. Un e outro son tese e síntese da iniciativa do povo para criar a vangarda revolucionaria cando o povo precisa resolver as súas tarefas históricas.
A concepción martiana da necesidade dun partido para organización e guia da loita revolucionaria sirve de inspiración ao noso Partido para dirixir a Revolución e a construción do socialismo no noso País: na Patria do home que pensou e actuou visionariamente, do home que fecundou coas súas ideas as xeracións que o sucederon, do home que non foi a voz que percorreu saudades senón pensamento e acción que foi recoñecida e abrazada por multitudes.
Hai tres núcleos conceptuais que entrelazan o Partido Revolucionario Cubano fundado polo autor intelectual do asalto ao cuartel Moncada e o noso Partido: a revolución como un proceso orientado e organizado; a participación imprescindibel do povo nese proceso; o perigo do imperialismo norteamericano para o porvir dos povos da Nosa América.
O amor de Martí á Patria, a súa loita pola libedade, as súas ideas e accións e o seu exemplo inagotabel, permanecen como estímulo perdurabel sen termo previsibel; el é e será un revolucionario para todos os tiempos.