AXENCIAS CUBANAS – TERRA SEN AMOS
O ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, denunciou na sesión da Asemblea Xeral da ONU previa a debatir o bloqueo, a hipocrisía do representante permanente dos EUA, Mike Waltz, quen nunha advertencia extemporánea e contraria ao regulamento da Cámara que impide intervir antes do pleno) achacou os problemas de Cuba, sitiada polo governo de Washington, ao goberno da Habana. O representante de Cuba replicou con fotos que ilustran os prexuízos ocasionados polo bloqueo que o goberno de Washington imponlle ao seu país, en especial os do cerco enerxético. Nunha delas, unha equipa de cirurxiáns operan nun quirófano no que a única iluminación é a que provén dun celular.
A man en alto, coas fotos dun neno de cinco que levan detido varios axentes do ICE (policía migratoria dos EUA) e a dunha condutora asasinada polos mesmos gardas, cando arrancaba o seu carro estacionado, o ministro preguntou se aquelas imaxes procedían por acaso do que Mike Waltz delegado do goberno de Trump na ONU chama “estado fracasado de Cuba”. Un goberno “que reprime a quen protesta nas universidades contra o xenocidio de Gaza e militariza as cidades con fins políticos; o da brutal represión contra os inmigrantes”.
Rodríguez Parrilla recusóu ás acusacións de corrupción lanzadas contra Cuba polo delegado do goberno de Washington:”Sorprende que o faga un representante do actual goberno, que é coñecido por ser unha plutocracia verdadeira e pola corrupción institucional e legal (…) Un país onde quen manda son o diñeiro e as corporacións e no que caciquean aos electores”.
Con rexouba, dixo que as protestas de Waltz contra a cooperación médica cubana internacional non correspondían para nada a solidaria iniciativa de Cuba que atendía a poboacións en zonas remotas, de baixos ingresos.
Comprobando que os EUA negan a existencia do seu bloqueo contra Cuba, o ministro de Estado recomendou a Waltz lér as declaracións da voceira de prensa da Casa Blanca, do 30 de marzo, ou as do propio presidente Trump na véspera, nas que se refiren expresamente ao bloqueo, en concreto ao bloqueo total de hidrocarburos.
Rodríguez Parrilla dixo que o nome de Fidel en boca de Waltz ofendía ao pobo de Cuba e recordou que “sucesivos gobernos estadounidenses nunca puideron con él”. Tamén citou a Raúl e dixo que estaba “co pé na estribeira, listo para cabalgar en defensa da nosa patria”.
Cualificou ao presidente Miguel Díaz-Canel, de fillo preclaro da Revolución, “que a diferenza de vostede e dos políticos estadunidenses, correrá a mesma sorte que o resto do noso pobo” no caso de darse unha agresión imperialista. A seguir recordou que “Cuba non entregará xamais a súa soberanía e independencia pola que entregaran a vida os seus mellores fillos”. Rematou cunha cita do heroe independentista Antonio Maceo (morto en combate en 1896) “quen intente apoderarse de Cuba só recollerá o pó do seu chan alagado en sangue se non perece na loita”.
A moción de Cuba a prol de debatir o bloqueo na Asemblea, foi aprobada por 136 votos. Producíronse 36 abstencións e os EUA só acadaron o respaldo de 8 paises: Arxentina, Costa Rica, Israel, Marrocos, República Checa, Macedonia do Norte, Paraguai e Ucraína.
