O XVIII Encontro Estatal de Solidariedade con Cuba trata da desinformación e do bloqueo ao límite

Irene del Rio Iglesias – TSA

A inauguración, na avenida Salvador Allende de Xixón, dun espazo público na honra de Alicia Alonso, que fixo da cultura cubana un valor universal, marcou o comezo en Xixón do XVIII Encontro Estatal de Solidariedade con Cuba, venres 3 de xullo ás 12, 30. O encontro traballou en dous obradoiros de estratexias de loita contra o bloqueo: de comunicación e batalla de ideas, de cooperación e de doazóns.

A asemblea dos grupos de traballo do XVII Encontro ocupou a carpa central da Semana Negra de Xixón.

A carpa central da Semana Negra de Xixón acolleu varias palestras: Cuba fronte ao imperio. Internacionalismo, paz e resistencia ante os Estados Unidos, na que interviron Fernando González, deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba e presidente do ICAP xunto Javier Couso, xornalista e ex-eurodeputado; “A Cuba que vén: memoria, futuro de paz e revolución”, coa participación de Elián González, deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba ,e Fidel Castro Smirnov, académico de Ciencias, profesor titular en Física Nuclear e investigador e finalmente “Fidel, cen anos de futuro” con David Rodríguez, coordinador do libro Voces con Fidel, Aníbal Grazón e Fidel Castro Smirnov, entre outros.

Co propósito de coordinar a intervención solidaria e reforzar a defensa da Revolución, tratouse en profundidade o bloqueo, a soberanía como dereito central e irrenunciábel e a cooperación internacional organizada. Un bloqueo ilegal, históricamente insólito, que impide a compra de petróleo, o transporte e o comercio, en particular o de específicos farmacéuticos e clínicos, e non permite resolver problemas diarios nin abordar o progreso do pais. Tratáronse as mentiras e manipulacións que contaminan e deforman dende os media da acumuliación do capital a realidade cubana obxectiva e comprobábel e definíronse recursos que poden actuar dende a comunicación solidaria contra a arma contaminante da mentira que procura diariamente atribuir as responsabilidades do bloqueo ao pobo cubano en estado de sitio. Foron concretados recursos e dilixencias de utilidade comprobada, procedentes da experiencia dunha solidariedade internacional que metaboliza a diario a vontade de axuda sobre as prioridades e emerxencias econcretadas polo Poder Popular de Cuba.

A proposta de recuperar o escenario colonial americano

O heroe cubano Fernando González Llort fixo un relato histórico preciso da usurpación da soberanía e a economía de Cuba até o ano 1959, de parte dos EUA. Cando a Revolución triunfa nesa data, a Casa Branca considera inaprazábel regresar ao escenario colonial. En decembro de 2025 Washington produce o Documento sobre a Nova Doutrina de Seguridade Nacional, no que resucitan a Doutrina Monroe (tamén chamada Donroe) que atribue a propiedade continental aos EUA e que ten o seu reflexo descarnado na proposta de impor a paz por medio da forza o que significa, de feito, o regreso aos métodos de dominación do século XIX.

A intervención militar contra Venezuela foi a primeira expresión concreta desta doutrina “na que morreron asasinados 32 cubanos que protexían o presidente Nicolás Maduro, quen foi secuestrado deixando unha impresionante mensaxe de dignidade”.

A inclusión de Cuba na lista de países que patrocinan o terrorismo, eleva o a extremos nunca vistos o bloqueo e metaboliza a economía cubana até a asfixia total. É a exclusión da illa do sistema financeiro internacional, controlado polos EUA e a censura total das transaccións comerciais e bancarias. De feito, o bloqueo enerxético total é unha anomalía bélica universal que só permitira dende xaneiro a entrada dun petroleiro ruso. Na data simbólica e revolucionaria do 1 de Maio, outra pragmática inmoral do goberno dos EUA decretou sancións a bancos e compañías que fagan algunha transacción comercial ou bancaria coa illa.

A guerra comunicacional foi outro dos asuntos tratados polo presidente do ICAP: “Á vez que asfixian ao pobo realizan con fondos federais unha campaña universal para facer crer ao mundo enteiro e á propia poboación de Cuba que esas penurias non son consecuencia da guerra económica senón responsabilidade do que chaman ineficiencia dos gobernantes cubanos. O secretario de Estado Marco Rubio di que “Cuba é un estado fallido e que o estado cubano é un desastre de xestión, é un deseño para conseguir que unha parte do pobo levántese contra o Goberno”. Referíndose a ameaza de intervención militar dixo que “cada semana hai unha declaración de Trump ou de Rubio, nunha estratexia de guerra psicolóxica”.

“Cuba país fallido?” pregunta Fernando González. Lonxe diso ,. “Que país resistiría? Lonxe diso , tivo a capacidade de administrar o a escaseza imposta aos servizos de saúde, por exemplo, que hoxe están moi danados, pero están aí; outra sociedade no mundo colapsaría: non é fallido un estado que se preocupa do ser humano”.

Domingo 5 foron publicadas as conclusións dos talleres e a declaración final coas resolucións adoptadas. O vindeiro encontro estatal desenvolveráse en Catalunya no prazo de dous anos.

Consultar a Declaración Final en:

https://www.cubainformacion.tv/solidaridad/20260706/123777/123777-xviii-encuentro-estatal-de-solidaridad-con-cuba-refuerza-la-organizacion-del-mesc-y-lleva-la-denuncia-del-bloqueo-a-la-semana-negra-de-gijon-fotos-declaracion-plan-de-accion

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *