Texto e fotos Merchi Santiago
Sábado 26, coincidindo co 61 Aniversario do Asalto ó Cuartel Moncada, tamén chamado Día da Rebeldía, a Asociación de Amizade galego-cubana “Francisco Villamil”, conxuntamente co Consulado de Cuba en Galicia, celebrou unha festa comemorativa en Santiago de Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, falou do significado desta data para a solidariedade internacional con Cuba. Canda él estaban Laura Urra, cónsul segunda, e Pedro Trigo, heroe do Moncada e membro do Movimiento 26 de Julio.
Pedro e o seu irmán Xúlio, ámbolos dous descendentes de galegos de Viveiro, participaran nos preparativos e no asalto ao Moncada. A cónsul agradeceu a celebración da homenaxe e lembrou aos Cinco, os loitadores antiterroristas cubanos.
Aos seus 86 anos, facendo gala dunha lúcida memoria, Pedro Trigo repasou os acontecementos previos a aquel 26 de xullo de 1953, e fixo emocionada lembranza de Fidel Castro, Raúl, Che Guevara, Camilo Cienfuegos, Abel Santamaría e as compañeiras Vilma e Melba, protagonistas do primeiro intento de derrocamento da brutal ditadura de Batista. O heroico asalto ao Moncada convertiríase logo por dereito propio en alicerce histórico da Revolución Cubana.
Trala disertación, continuou a festa até ben entrada a noite, con música cubana e os tradicionais mojitos.