A dereita do Parlamento da UE participa no renovado asedio de Washington contra Cuba

TSA

As organizacións integradas no MESC (Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba) denuncian unha nova manobra contra Cuba no Parlamento Europeo o pasado 16. Notan que a escusa foron, para non variar, os Dereitos Humanos, a represión e, nesta ocasión, o dereito a Internet. En realidade dinque o obxectivo da moción no Parlmento é praticar a respiración artificial ao motín contrarrevolucionario do 11 de xullo pasado, que naceu cadáver por falta de apoio real entre a poboación cubana, malia a inxente axuda que as ONG da CIA e a información do capital prestaron a operación.

O Partido do Traballo de Bélxica (Partij van de Arbeid van België, Parti du Travail) protestou polo que chama utilización do Parlamento Europeo a prol da renovada campaña anti-cubana dos EUA.

Falsas acusacións sustentadas en probas inventadas -di o MESC- Non existe, como pretenden os parlamentarios da dereita, nin unha soa persoa desaparecida, torturada ou executada extraxudicialmente na illa revolucionaria. Con semellantes  cargos inventados e unha campaña a medida, procuran forzar unha intervención disfrazada de cobertura humanitaria contra Cuba.

Para a Solidariedade con Cuba, a campaña contrasta brutalmente co silenzo atronador que os axitadores gardan con relación a principal violación que sofre o pobo de Cuba: o criminal bloqueo norteamericano. Os cubanos resisten, dende hai máis de sesenta anos, con xíria e dignidade tan atroz agresión por parte dos EUA, a potencia imperialista máis poderosa e desapiadada da historia.

Tamén denuncian o escándalo de os mesmos medios que multiplican falsidades contra Cuba non publicar nin liña acerca da represión policial e paramilitar en países como Honduras, Ecuador, Chile e, especialmente Colombia. “Até a data, esta represión produciu centos de asasinatos e un número superior de persoas mutiladas gravemente pola actuación policial.”.

O comunicado d MESC explica que o novo ataque contra Cuba non ten nada a ver coa defensa dos Dereitos Humanos, a protección dos cubanos e cubanas fronte a unha inexistente represión política ou a liberdade de acceso a Internet. “O obxectivo é manipular á opinión para que, asustada pola propaganda contrarrevolucionaria, favoreza unha intervención estranxeira cuxo fin último sexa a restauración colonial en Cuba”.

“Algúns gobernos europeos son cómplices da criminal política anti-cubana dos EUA -remta a nota- e saldan con ese compromiso humillante a dignidade e independencia que adoitan invocar, no canto de establecer un diálogo respectuoso coa soberanía cubana e denunciar o bloqueo e a diaria conspiración contra a illa que violan o dereito internacional. Abonda de inxerencia imperialista! Acabemos coa agresión contra Cuba! Abaixo o bloqueo! Viva Cuba Socialista! Até a vitoria sempre: Venceremos!”

En relación cos feitos denunciados polo MESC, a Comisión de Relacións Internacionais do Parlamento Cubano recordou que o grupo de eurodiputados promotores da moción contra Cuba non representa a opinión da Cámara, na que existe e opera un Grupo Parlamentario de Amizade con Cuba sumamente activo contra a bancada reacionária.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *