REDE DE INTELECTUAIS E ARTISTAS EN DEFENSA DA HUMANIDADE
A Rede de Intelectuais e Artistas en Defensa da Humanidade RIADH, perante o anuncio da execución inminente de parte dos EUA, da chamada Operación Lanza do Sur no mar Caribe, fronte as costas de Venezuela, condena a iniciativa e lanza a voz de alarma á comunidade internacional sobre a nova escalada de parte do Goberno de Washington co envío do portaavións Gerald R. Ford que ven de sumarse ás forzas bélicas xa presentes nas mesma augas, , anunciando a posta en marcha desta campaña militar co pretexto, lonxe da verdade, de loitar contra o narcotráfico.
Denunciemos que esta escalada militar pode devir nunha confrontación militar contra a República Bolivariana de Venezuela, o que traería un masacre e conmoción xeopolítica do continente americano e no mundo.
É preciso denunciar claramente os verdadeiros intereses de guerra de parte do imperio dos EUA que pretende remover o goberno lexítimo do presidente Nicolás Maduro, xerar un escenario de xustificación do uso da forza militar para idar un golpe de Estado contra a República Bolivariana de Venezuela, alterar en beneficio do Imperio a correlación de forzas na rexión e apoderarse indigna e ilegalmente dos inmensos recursos naturais de Venezuela.
Evitemos o lanzamento dun masacre na nación suramericana que pode ter condicións semellantes ao que os EUA lanzaron contra Gaza ou mesmo unha guerra civil coma no caso de Siria.
Esixamos o retiro inmediato dos recursos militares despregados no Caribe; chamemos aos gobernos e aos organismos multilaterais a deter esta tolemia bélica que pode levar ao mundo a beira dunha guerra mundial; apoiemos ao pobo venezolano no seu lexítimo dereito de aprestarse a resistir unha agresión militar, e poder continuar traballando na construción dunha Patria Grande.
Defendamos o dereito internacional, a autodeterminación dos pobos e a preservación de América Latina e o Caribe como Zona de Paz.
14 de novembro de 2025
