Leticia Martínez Hernandez – Granma
O epidemiólogo Francisco Durán García entende que o inesperado repunte da Covid-19 en Cuba procede de comportamentos irresponsábeis, se cadra confiados en que depois da recuperación lograda a partir do primeiro surto (o 83,1% dos casos) en certos medios da capital e de Artemisa entenderon que a alarma non era para tanto. O epidemiólogo coida que esa irresponsabilidade procede dunha baixa percepción de risco, influida polo feito de Cuba ter recuperado un número importante de persoas da enfermidade (até hoxe o 83,1 %), algunhas delas con apenas síntomas e outras sen ningún.
No solpor de Marzal 11, Cuba recibira confirmación dos tres primeiros casos da COVID-19 no seu territorio nacional. O que no parecera lonxano, doutro continente, dun mundo alleo ao Caribe, presentouse de arrebato entre nós. Cobraba sentido de vez o que semellaba terror de celuloide e a pregunta era se Cuba poderia librar do andazo. Pasara menos de un mes de o Buró Político do Partido Comunista e o Consello de Ministros aprobar o Plano Especial contra a Pandemia, a cada máis grave e próxima.
A aprendizaxe revolucionaria de pór o tellado antes non chova ou, como di Martí, prever para salvar, conseguiu que a cinco meses de aquel primeiro avisoa primer mala noticia, Cuba aparecese case na marxe da estatística que nesta altura tira o sono ao mundo. Unha pandemia que conta máis de 19 millóns de contaxiados en 185 paises, deixou 3. 046 casos na illa dos que temos que laiarnos da morte de 88. No mundo, xa se contan 726.953 mortes.
Con todo, nos últimos 15 días houberan de soar as alarmas ante un crecimento acelerado de casos, sobre todo nas provincias da Habana e Artemisa. Números cantan un aumento: en apenas nove días de agosto, superouse o total de confirmados do mes de xullo: 413 contra 285. En estas primeiras xornadas, deuse tamén o valor máis alto para un día: 93 contra os 74 contabilizados no primeiros de maio.
Qué aconteceu? Por qué en certos sitios parou o contaxio e noutros non se os protocolos son semellantes para toda a illa?
Só nunha baixa percepción de risco e en n condutas irresponsabeis dun grupo de persoas perante tan grave enfermidade, están as respostas a esas preguntas.
Unha festa relixiosa en Bauta; un bar en Baracoa, outro en Playa; unha pia en Guanabo; unha persoa con síntomas que asistira ao seu centro de traballo, outra que burlou a corentena establecida no barrio e ainda outra que marchou, sen encomendarse a ninguén, do centro de illamento. Son só exemplos de condutas irregulares meteron outravolta ao país en en tensión e pasaron por riba do esforzo descomunal de millóns de cubanos, entre eles os nosos heroes de todos os días, eses que na chamada zona vermella arrebatan sen descanso vidas á morte.
En entrevista co doutor Francisco Durán García, director nacional de Epidemioloxía e unha das voces máis esperadas cada mañá, o surto causado por condutas irresponsabeis– non é exclusivo de Cuba; está a pasar no mundo enteiro, pero no aso de Cuba, aclarou, facemos cousas diferentes ao que fai o mundo e esperamos tamén resultados diferentes.
Falou entón da pescuda masiva, da aplicación de probas diagnósticos PCR sen custo algún; da atención urxente, do illamento dos enfermos e os seus contactos; da aplicación de medicamentos de avangarda, do ingreso dos pacientes até a súa total recuperación. Un xeito de traballar , dixo, do que só queda esperar bos resultados.
Con todo, ao desprezar previsións tan elementais e sinxelas como o illamento, o uso da máscara ou o lavado e desinfección das mans, o risco vólvese extremadamente alto. Temos exemplos de contaxios en Cuba, confirmou Durán, que xeraron máis de 60 casos, sobre todo, en lugares pechados onde non se tomaron ningunha desas medidas.
O que é máis perigoso, agregou, é que eses infectados son capaces de levar o virus a diferentes lugares e volver contaminar a un número importante de xente. Son super-contaxiadores, persoas enfermas que, en locais pechados e climatizados, poden xerar unha alta transmisión.
Hoxe estamos nun mal momento, resumiu con pesar o doutor Durán, a partir do repunte de casos e da dispersión da transmisión na Habana e Artemisa. Ao cabo de termos control da enfermidade, rexistramos de vez un número elevado de contaxios, causados por violar as normas con condutas irresponsabeis.
O epidemiólogo coida que esa irresponsabilidade procede dunha baixa percepción de risco e nela influíu tamén o feito de Cuba ter recuperado un número importante de persoas da enfermidade (até hoxe o 83,1 %), algunhas con moi poucos síntomas e outras sen ningún.
Nesa perspectiva hai quen entende que a Covid-19 é un catarro, o que foi radicalmente negado polo acontecido nos Estados Unidos e Brasil, por exemplo, con máis de mil mortos diariarios de todas as idades. A ese perigo súmanse as secuelas que pode provocar o virus, a fibrose pulmonar e as complicacións neurológicas, entre outras.
Duran sallienta que na mocidade estase a dar o maior número de casos, se cadra por non lle daren importancia a Covid-19, por egoismo, superficialidade ou por entender que poden librarse doadamente da enfermidade, sen considerar que poden ser a vía de contaxio dos seus seres máis queridos, familiares de idade avanzada e por tanto con maiores riscos de padecer complicacións.
Pola conduta improcedente de poucos, A Habana retornou á fase de transmisión autóctona limitada, que implica o peche de case todas as actividades produtivas e servizos, o alongamento da epidemia e tamén da recuperación económica do país, así como o posible atraso do reinicio do curso escolar, previsto para setembro.
No medio dunha crise económica, xerada pola pandemia e tamén polo asfixiante bloqueo de Estados Unidos, as actitudes imprudentes de traballadores e directivos en lugares que deciden hoxe o desenvolvemento da nación, implican, ademais, un dano incalculabel para a economía do país.
Os irresponsabeis, os que menos cooperan, dixo hai uns días o Presidente Díaz-Canel, teñen que saber que non é un xogo o que se perde, aquí estamos a tratar coas vidas humanas. «Pensar que podemos ser descuidade por ter Cuba gañado o pulso contra a morte a partir de todo o esforzo que fixeron os nosos científicos, médicos e institucións, é irresponsabilidade e egoismo».