Axencias – Terra Sen Amos
É estratéxico para Cuba producir alimentos que aforren víveres importados anualmente por valor de 1.800 millóns de Euros. Manuel Marrero Cruz, primeiro ministro, dixo que as leiras inter-urbanas eran a maneira máis económica de producir alimentos, cun mínimo de transporte e combustibel, que as veces nin son precisos pola proximidade do mercado; non require adubos importados nin insecticidas pois cada cavada debe dispor da súa reserva de orgánicos. Por riba, garante emprego a mocidade e contribúe a mellorar o manexo da auga e o reciclaje de nutrintes; recupera terras a barbeito e produce as sementes que demanda, entre outras vantaxes. “Unha alternativa realista e sostíbel –dixo-, referencia do que temos que facer para atinxir soberanía alimentaria”.
Os bós resultados do plano de autonomia alimentar foron recordados no XXXII aniversario do Programa de Agricultura Urbana, Suburbana y Familiar. Todo comezara durante a visita de Raúl Castro a unha experiencia de cultivo de hortarizas en agros adubados con materia orgánica en Hortifar, entidade pertencente á Unión Agropecuaria Militar. Raúl recomendou estudar e promover o método de cultivo. De a pouco, aquel sistemas de leiras pasou a ser parte da contorna en calquera recanto de Cuba.
Manuel Marrero ldixo que a partir dos espléndidos resultados da primeira fase,
Raúl, dende a presidencia do Goberno, lanzou un novo programa para incrementar
a escala deses cultivos aos arrabaldos das cidades, que na súa gran maioría
permanecían improductivos. “Nacera 8 de abril de 2009, en Camagüey, nun radio de dez quilómetros
desde o centro da capital provincial, co nome de agricultura suburbana, que foi
integrada nas xa consolidadas agriculturas urbana e familiar” dixo Marrero que
recordou a seguir a Adolfo Rodríguez (Adolfito), quen con paixón e capacidade
asumiu a tarefa, prácticamente até o último alento. “Ao seu empeño debemos en
boa medida o alcanzado. Serva este evento para honrarmos súa memoria”.
O xefe de gabinete, dixo que o plano agrícola interurbano dera resultados
positivos e importantes aforros á economía do país, ao contribuír á disminución
de importaciones .” Nun intre no que o Goberno dos EUA aumenta o bloqueo, cobra
moita máis importancia este proxecto dirixido á produción de alimentos para o
pobo, algo que non é simplemente unha prioridade máis pois constitúe un asunto
vital para a seguridade nacional, que é igual a preservar a nosa independencia
e soberanía”.
Recordou
tamén Marrero Cruz que o pobo de Cuba herdara como tradición alimentaria unha
dieta composta por catro produtos básicos: arroz, feixón, as
distintas variedades de tubérculos e froitos que se sirven cociñados co nome de
vianda, e proteína, á que compría engadir verduras. Dos catro elementos, só un era xa plenamente
de orixe cubano. a vianda mentres mantense a importación do arroz, e en menor
medida a dos feixóns e cárnicos. “Propuxéramos garantir 30 libras mensuais de
vianda e hortarizas a cada compatriota, e delas atinximos 20 en 2019.
Chegaremos a esa meta nun menor tempo se continuamos incrementando as áreas
produtivas, dende o eido, a horta, os organopónicos xigantes e a agricultura
suburbana, até os grandes polos produtivos”.