Todalas entradas de Terrasenamos

Os valedores do centrismo en Cuba son amigos dos promotores do Bloqueo

Rosa Bentraces – Terra Sen Amos

A Terceira Via de Tony Blair e Felipe González, prometía centrismo e acabou ao servizo de Murdoch e de Gas Natural, aos pés da Posición Común contra Cuba do franquista Aznar, e na primeira liña do cerco imperial contra o governo democrático de Venezuela; asumiron o bombardeo de Belgrado pola OTAN; a ocupación de Palestina, Libia, Siria, Afganistán, o Estado de Sitio de Exipto; intermediaron na lea de Darfur (Sudán) a beneficio das transnacionais, e non se inmutan por catro millóns de mortos en Congo en guerras por recursos pagadas polo Norte. Agora aconsellan a Cuba unha Terceira Via que dinque librará a un tempo do Bloqueo e da planificación central. Mais o caso é que os valedores da célebre Terceira Via son amigos dos promotores do Bloqueo, como explican no libro dixital  El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo, Enrique Ubieta, Elier Ramírez Cañedo, Javier Gomez Sanchez ,Carlos Luque, Zayas Bazán, Emilio Ichikawa, René Vázquez Díaz, Arnold August, Raúl Capote Fernández e Jorge Angel Hernández, entre outros autores.

O recen editado libro “El Centrismo en Cuba: Otra vuelta de tuerca hacia el capitalismo” é accesibel no enderezo indicado ao final da páxina.

Seguir lendo Os valedores do centrismo en Cuba son amigos dos promotores do Bloqueo

“Trump culpa a Cuba de todos os males do planeta”, acusa Rodríguez Parrilla

Terra Sen Amos

Donald Trump recusaba venres pasado unha parte da política de normalización de relacións con Cuba, do seu antecesor Barack Obama. O presidente republicano defende agora o Bloqueo e a prohibición das viaxes particulares de cidadáns dos EUA á illa. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla replicou nunha entrevista para a Televisión Rusa que a decisión da presidéncia dos EUA correspondía máis ben coa Guerra Fría. “O que está a facer (o ppresidente dos EUA) é repetir o que tentaron antes dez presidentes dos EUA. Non vexo realismo na súa política –dixo o ministro de Estado de Cuba- porque teima nomesmo que fixera durante 50 anos, cun resultado contrário ao que se buscaba, e EUA non vai ser máis grande por teimar en mutilar os dereitos civís dos estadounidenses. É un atraso prohibir as viaxes dos estadounidenses a Cuba”.

Ver entrevista en:
https://actualidad.rt.com/programas/entrevista/241773-canciller-cuba-trump-culpar-isla

O pensador cubano Martinez Heredia, patriota e comunista

Terra Sen Amos – Redacción

Con Fernando Martinez Heredia desaparece un intérprete decisivo do marxismo dos 90, dos aportes da Revolución Cubana e dos vasos comunicantes entre Cuba Liberada e as loitas antiimperialistas e anticoloniais. No seu pasamento, recordan dentro e fóra de Cuba, a súa paixón vital por centrar feitos significativos para a continuidade da Revolución.  As súas grandes paixons foran Martí e Fidel. Na despedida do Lider da Revolución escrebera:  “Fidel adeprendeu a ser a un tempo patriota e socialista, a se alimentar do maxisterio de Marti e a estudar Marx e Lenin para entender o cerne da actualidade, a deboura do poder político e os camiños e os tempos para a liberacion”. Seu amigo Iroel Sánchez recórdao no sitio La Pupila Insomne: “Morreu un comunista (…) un guevarista, un fidelista, un martiano e un marxista anti-dogmático ao que teremos que regresar centos de veces na batalla contra o anexionismo simbólico e o nacionalismo de dereitas aos que el adicara agudas críticas.

Esteban Morales e Fernando Martinez Heredia (no centro da fotografía) debaten sobre as ciencias sociais en Cuba, nun foro convocado pola AHS da Habana.

Seguir lendo O pensador cubano Martinez Heredia, patriota e comunista

A CESC propón defender Cuba cunha grande fronte ante-imperialista

Prensa Latina (Bilbo 11 de xuño)

A deputada cubana Mariela Castro está dacordo en criar unha grande fronte ante-imperialista para frustrar as agresións contra o seu país e outros pobos rebelados contra o pensamento único neoliberal. Intervindo no XIV Encontro Estatal de Solidariedade con Cuba, reunido dende sexta en Bilbo (Euskal Herria) a convocatoria da Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC) Castro apoiou esa proposta lanzada no foro, ao que asistiron máis de 200 persoas de 66 asociacións de amizade con Cuba. A idea da rede ante-imperialista foi presentada pola profesora da Universidade Complutense de Madrid, Angeles Diez, quen enmarcou a cruzada mediática contra Cuba na guerra do capital contra os pobos. En representación da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil participou o ex-presidente e membro da Directiva Ramón Fernandez Leal.

Mariela Castro apoiou a idea de formar unha avangarda anti-imperialista en defensa de Cuba, proposta pola profesora Angeles Diez na Asemblea da CESC.

Seguir lendo A CESC propón defender Cuba cunha grande fronte ante-imperialista

Raul Castro denuncia no Parlamento de Cuba a agresión imperialista contra Venezuela

Terra Sen Amos – Redacción

Mentres a informacion dominante e delegada da hexemonia financeira acusa ao governo democrático de Venezuela de causar o caos no pais, Raúl Castro aproveitou unha asemblea trascendental do Parlamento de Cuba para denunciar a escandalosa conspiración mediática e golpista contra a República Bolivariana. “Quero acusar con voz alta e clara a agresión que sofre a nazón irmá, na que intereses políticos económicos imperialistas fan por impedir a libre determinación do pobo de Venezuela”. O presidente acusou aos EUA e governos cúmplices, de arbitrárias e inxustas sancións contra Venezuela e secomasi, de inxeréncia nos asuntos internos do pais soberano a traveso da Organización de Estados Americanos (OEA) e da difamación e manipulación da realidade, nunha cospiración encamiñada a derrubar o governo constitucional e democrático.

De esquerda a dereita, Miguel Diaz Canel, vice-presidente de Cuba, Nicolás Maduro e Raúl, no último encontro do ALBA

Seguir lendo Raul Castro denuncia no Parlamento de Cuba a agresión imperialista contra Venezuela