Cuba renova na Organización Mundial de Comercio (OMC) a súa denúncia contra o Bloqueo, a inxeréncia ilegal dos EUA que se mantén coma principal atranco para o progreso material da illa dende 1960. Recordouno Alina Revilla, encargada de negócios de Cuba na ONU, na sesión do decimoterceiro exame da política dos EUA dentro da OMC no pleno celebrado en Xenebra. Revilla acrecentou que dous anos depois de Habana e Washington restablecer relacións diplomáticas e abordar a normalización do seu trato comercial e financeiro, non se aprecian cambios de importáncia na aplicación da política de cerco contra Cuba.
O Bloqueo comezou por parte dos EUA en 1960 e hoxe ten o nefando priviléxio de ser o máis longo da história.
Cando un respectado xornalista coma Ignácio Ramonet denuncia a mentira coa que os medios dominantes informan sobre Cuba, él mesmo é castigado coa censura, o silenzo e o ostracismo. La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris-VII, tratan a súa colaboración coma un estigma depois da aparición do livro de conversas Fidel Castro, a miña vida (edicións Xerais, en versión de Xosé García Crego) produto de cinco anos de documentación e de demoradas entrevistas co Lider da Revolución. Ramonet, nado en Redondela no 43, exiliado en Tánxer coa súa familia por Franco e formado en Paris, denúncia a censura contra Cuba dos mesmos medios poderosos que acusan de silenzo e manipulación a unha pequeno illa bloqueada e sen recursos.
A longa entrevista de Ramonet con Fidel é unha insustituibel historia da Revolución Cubana e apareceu co titulo de Biografía a Dúas Voces.
Diante da marea humana que despide ao lider da Revolución Cubana Fidel Castro, non falta quen a compare coa que suscitou a morte do ditador Franco. Comparar a figura de Fidel Castro, que se erguéu contra un ditador, Fulgencio Batista, coa de Franco, que o fixo contra un goberno legalmente constituido, a II República, é de ignorantes. Non está entre as miñas preocupacións máis inmediatas cuantificar as mareas humanas que tanto interese despertan nalgúns xornalistas, pero, por curiosidade, fun á hemeroteca consultar o ABC, xornal nada sospeitoso de recortar a marea que acompañou a Franco, máis ben é de supoñer que para eles fora preamar. Atopo neste xornal que entre 300.000 e 500.000 pasaron pola capela ardente, e que, in situ, segueron o funeral cen mil. Recollo o diálogo dun xornalista cun benedictino no Valle de los Caidos: “Padre, ¿cuantas personas cree usted que habrá aqui? Y el buen padre me contestó: aparte de autoridades y altos dignatarios, creo que están invitadas unas dos mil personas”. Non caera na conta de que estes eventos por esta parte do mundo fanse por invitación, non vaia ser o demo. Se nos 70 a poboación do Estado Español era duns 34 millóns, non vexo a marea humana que algúns nos queren facer crer. Cuba ten 11 millóns de habitantes e di La Vanguardia (xornal lonxe de ser considerado comunista) que máis de seis millóns renderon tributo a Fidel. Quen queira e teña tempo, que faga a porcentaxe.
(Carta publicada en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Faro de Vigo)
Fernando Martínez Heredia – Cubadebate – Tradução de Maria Helena d´Eugênio, para o Resistência
Na noite do dia 25 de novembro, sessenta anos depois que deixou Tuxpan, à frente da expedição libertadora, Fidel Castro fez uma nova viagem. Três anos antes do Granma, conduzira uma ação revolucionária que surpreendeu o país com a ousadia, a coragem e o espírito de sacrifício de seus participantes, ensejando a rejeição da orgia aos crimes praticados pela ditadura de 1952. Mas esse fato parecia ir contra o que se considerava possível e nenhuma força política o apoiou. Na solidão de sua cela Fidel – ele e seus camaradas estavam praticamente sozinhos – escreveu: “As massas estão prontas, precisam apenas que lhes seja mostrado o caminho certo”. Parecia um sonhador, na verdade era um visionário.
“A nova e maior vitória de Fidel foi que todo o povo se transformou, passou a demonstrar novas qualidades intrínsecas e a consciência social passou a usar, sem medo e da mesma forma, palavras como comunista e fidelista”.
De todos os recantos do planeta brotam mostras de reconhecimento a vida e obra de Fidel Castro, um revolucionário cuja luta, acção e palavra inspirada animaram e continuaram a animar a luta das forças progressistas e revolucionárias de todos os continentes. O mundo honra um dos grandes líderes do século 20 e o decorrido do 21; o guerrilheiro da Serra Maestra e o estadista de estatura global que influiu para sempre na história da América Latina e de vários povos do mundo.
Fidel em Porto no ano 1998, com e José Saramago a direita.