A Xunta Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ven de publicar un comunicado sobre o propósito do governo de EUA de renunciar ao bloqueo que causou un quebranto económico a Cuba de máis de cen mil millóns de dólares en cinco décadas. A Directiva recorda que a defensa dos dereitos humanos nunca foi a razón do bloqueo económico e que, fracasada a política belicista, o acordo diplomático abre o camiño a un novo tempo. Asina o comunicado Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”.
Iroel Sánchez-Cubahora. Se entre dous gobernos, un teima cincuenta e cinco anos na súa disposición a soster un diálogo respectuoso, baseado na igualdade e o respecto á soberanía, e o outro encírrase en ignorar o reclamo, emprega o terrorismo, o cerco económico e estraga miles de millóns de dólares en fabricar unha oposición aliada dos seus intereses para derrubar o goberno, e ao cabo propón o diálogo, e un bo día ambos gobernos acordan un intercambio de prisioneiros (ao que o bloqueador dicía até onte opoñerse) de quen é a vitoria?
Terra Sen Amos-Rosa Lemos Na súa visita de Estado a Cuba, José Manuel García Margallo, ministro de Negocios Extranxeiros do governo Rajoy, solicitou o regreso urxente a Cuba dos 115 presos e dos seus 650 familiares invitados en 2010 a España por mediación do governo e do Vaticano. Na volta de catro anos, os exiliados ergueron un campamento de protesta ás portas do ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid para denunciaren o seu abandono por parte do governo Español e conseguir a repatriación.
Terra Sen Amos-Redacción Pedro Trigo, heroe viveirés do asalto ao Moncada, foi honrado en Pontevedra no 61 aniversario da xesta que marcou o abrente da Revolución Cubana. Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra, recibiuno na mañá de sábado 29, xunto con José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, a funcionaria consular Silvia Maria Iglesias Pérez e directivos da asociación Mar de Lumes, organizadora da homenaxe. Na tarde, Trigo contou en primeira persoa a inciativa e preparativos do Moncada fronte unha plural e concurrida asistencia e no seu relato levou a primeiro plano a independenza e completa austeridade de recursos dos conxurados, axudados a penas con ideas e decisión. Interrogado sobre a disposición revolucionaria das novas xeracións, o Cónsul Xeral citou a Bonifacio Byrne: “A loita de Cuba será eterna mentres dure o imperialismo”. Foi a segunda homenaxe galega a Pedro Trigo no 61 aniversario do Moncada, depois da festa organizada 26 de xullo na súa honra en Compostela pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A convocatoria de Pontevedra contóu coaadhesión de organizacións solidarias de toda Galiza.
PORTO-Terra Sen Amos-Cuba Versus Bloqueo A asociación Porto Com Cuba comemoróu o seu 19 aniversario numa Asemblea que reuniu a amizade de entre Douro e Miño coa Revolución, seguida dunha ceia e un concerto de música cubana. O encontro contóu coa presenza da embaixadora en Portugal, Johana Tablada de la Torre e na palestra interviron Gonçalo Duarte, presidente de Porto Com Cuba e Sérgio Vinagre, presidente da Asemblea. Os temas do encontro eran o Dia Mundial Contra o Bloqueo e a Solidariedade cos Cinco e foron obxecto de vivo debate. Unha representación da “Francisco Villamil” participou na comemoración celebrada no Clube dos Fenianos do Porto.