Todalas entradas de Terrasenamos

A epidemia de Dengue Hemorráxico de Cuba (1981) foi obra do Governo Reagan

Evidencias científicas irrecusábeis corroboran a acusación feita por Cuba en 1983, de o virus do Dengue Hemorrágico inzar por un ataque do governo de EUA. A epidemia de 1981, causara 158 falecidos, entre eles 101 nenos. Unha dilatada investigación cubana, amplificou e secuenciou o xenoma completo das cepas orixinais obtidas en diferentes fases daquel terribel andácio. Mediante ferramentas bio-informáticas, os investigadores definiron con elevada certeza a relación xenética das cepas cubanas do 81 coa Nova Guiné C, e a súas variáncias durante o andácio o que proba que mal foi transportado a Cuba. A importáncia das probas aportadas sobre o ataque terrorista, aparece nun artigo publicado en Bohemia, con declaracións da doutora Rosmari Rodríguez, do Instituto de Medicina Tropical Pedro Kouri (IPK) que levou o peso do traballo. O progreso da investigación cubana permite denunciar inequivocamente a infámia do primeiro governo de Ronald Reagan. Reproducimos a seguir o artigo de Bohemia asinado por Marieta Cabrera.

Cartaz cubano no que se descreben síntomas do Dengue Hemorráxico
Cartaz cubano no que se descreben síntomas do Dengue Hemorráxico

Seguir lendo A epidemia de Dengue Hemorráxico de Cuba (1981) foi obra do Governo Reagan →

“Defender a Revolución é o mellor monumento a Martí”

Terra Sen Amos – Vigo
“Martí foi un adiantado na defensa dos dereitos humanos, nun texto de mocidade no que denuncia a crueldade do sistema penitenciário”, dixo Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ao abrir sábado, nos xardíns de Montero Ríos de Vigo a homenaxe de Galiza ao Heroe da Independencia de Cuba, no cento sesenta e tres aniversario do seu nacemento. Diante da estatua de Martí, doada ao Concello de Vigo en 1989 polo Poder Popular Cubano, Alvite recordou o aprecio do Mestre pola denuncia da destrucción colonial que describira Bartolomé de las Casas, e o seu consello de as escolas dos recén independizados estados americanos daren prioridade á historia propia sobre a historia dos colonizadores. “O exemplo da vida de Martí foi a súa mellor obra”, resumiu o presidente da Villamil quen recordou que mália a obra política, literaria, didáctica e xornalística do Heroe Nacional de Cuba ocupar 26 volumes, o autor posuia a virtude da síntese, e resumía súa actitude vital na máxima Facer é a mellor maneira de dicer.

A Cónsul Laura Urra escoita á beira de Valentín Alvite a Marcha do Antergo Reino na homenaxe en Vigo a Martí.
A Cónsul Laura Urra escoita á beira de Valentín Alvite a Marcha do Antergo Reino na homenaxe en Vigo a Martí.

Seguir lendo “Defender a Revolución é o mellor monumento a Martí” →

Os fachos da marcha por Martí alumean a noite da Habana

Granma – Terra Sen Amos

O presidente Raúl Castro participou na multitudinária Marcha de las Antorchas en homenaxe ao apóstol da independéncia José Martí, no 163 aniversario do seu nacemento,  acompañado polos ex-mandatarios do Uruguai, Pepe Mujica, e da República Dominicana, Leonel Fernández. Na tradicional peregrinación dende a escada da Uni­ver­sidade da Habana deica a Fragua Mar­tiana, a mocidade a beira de membros do Buró Político e representantes do Goberno da República. Antes da marcha comezar,  deitaron unha ofrenda floral no nicho do líder estudiantil Julio An­tonio Mella e escoitáronse as palabras de Fidel sobre o compromiso do povo de Cuba coas ideas de Martí e o exemplo de dirixentes coma Antonio Maceo. Jenni­fer Bello dixo que a marcha representa o tributo das xeracións novas ao Heroe Nacional, e recordou que estudantes de todo o país celebraban ao tempo o 90 aniversário de Fidel.

Sábado 30, en Vigo, a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” fará unha ofrenda floral no 163 aniversario do natalicio do heroe de la independencia de Cuba, perante a súa estatua nos xardíns de Montero Ríos. Será ás 12,00 coa presenza do Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e da directiva e amigos de la Asociación Galego-Cubana.

Raúl e Mujica na cabeza da marcha por Martí, rodeados pola mocidade.
Raúl e Mujica na cabeza da marcha por Martí, rodeados pola mocidade.

Homenaxe da solidariedade a Gerardo Hernández en Madrid

Terra Sen Amos – Axencias

Gerardo Hernández Nordelo (Habana, 1965) graduado do Instituto Superior de Relacións Internacionais de Cuba, sentenciado a dúas perpetuas e 15 anos de  cadea a maiores por un tribunal dos EUA, recibiu dia 20 na embaixada de Cuba en Madrid a homenaxe da  solidariedade. Das dúas vidas a que fora condenado, polo seu heroico traballo de prevención do terrorismo contra o seu país, Gerardo houbera de padecer 16 anos de encerro. En Madrid dixo que a súa liberación debíase a solidariedade de todo mundo, levantada coma un poderoso vento de deserto que inzou de vergoña a pretendida moral democrática do Imperio. Dentro da protesta universal polo castigo aos heroes contra o terrorismo, Gerardo honrou en Madrid a activa amizade con Cuba no Estado.

Gerardo Hernández agradece na súa intervención en Madrid  a solidariedade  cos Cinco.
Gerardo Hernández agradece na súa intervención en Madrid a solidariedade cos Cinco.

Seguir lendo Homenaxe da solidariedade a Gerardo Hernández en Madrid →

Gerardo Hernández recibe en Madrid a Medalla Pasionária

Prensa Latina – Cubainformación – Terrasenamos

O Secretario Xeral do PCE, José Luis Centella entregou en Madrid a Gerardo Hernández Nordelo a Medalla Conmemorativa Dolores Ibarruri Pasionaria. A homenaxe foille tamén encomendada aos outros catro Heroes Cubanos, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, René González e Fernando González, que recibira a mesma distinción do PCE en setembro de 2014, nunha homenaxe celebrada en Madrid, ao cabo da súa inxusta condena nos EUA. Naquela homenaxe, participara a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.

Hernández dixo recibir a medalla coma homenaxe ao povo e o governo de Cuba
Hernández dixo recibir a medalla coma homenaxe ao povo e o governo de Cuba

Seguir lendo Gerardo Hernández recibe en Madrid a Medalla Pasionária →