A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, sae ao paso da desatemperada declaración do deputado fraguista Alberto Pazos, quen dixo no Parlamento que o goberno de Cuba debería seguír as indicacións dun rapeiro de nome Yotuel. Eis a nota, divulgada sábado 6 de Marzal, pola Asociación:
Maio de 2016, Nuñez Feijoo, recibido por Raul Castro na Habana, augurou que a reforma económica emprendida polo goberno revolucionario conduciría “ás maiores cotas de felicidade ao pobo soberano de Cuba”.
“Alberto Pazos, deputado do Partido Popular no Parlamento de Galiza, lanza un insólito chamamento en defensa do rapeiro Yotuel, ao que describe como vítima dun ataque do Goberno Cubano. A declaración do deputado abraia á opinión pública porque non explica en absoluto en que basea tan grave acusación contra a representación da vontade popular de Cuba, que, na realidade, mantén relacións de amizade e colaboración coa Xunta e a Cámara lexislativa da Autonomía de Galiza.
Produce estrañeza que o deputado Pazos declare precipitadamente “a solidariedade do Parlamento de Galiza” a un cantante que, carecendo de ningún expediente de ofensa ou maltrato, arrógase a desmesurada condición de vítima do Goberno de Cuba. En todo caso, o Parlamento de Galiza está constituído por varias formacións políticas que non puxeron a súa opinión aos pés do grupo conservador.
A precipitación imprudente do deputado Pazos non só contradí unhas relacións cordiais entre Cuba e Galiza, estabelecidas sobre unha rica historia común e renovada con frecuentes visitas institucionais de ambos os gobernos, senón que discrepa da propia Lei de Acción Exterior do Parlamento, aprobada en febreiro de 2020, que busca a mellor relación da Galiza con outras nacionalidades, entre elas a de Cuba.
A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” esixe unha rectificación en toda regra da acusación infundada contra o Goberno de Cuba, verquida por un deputado que se apropia da representación do Parlamento de Galiza para favorecer intereses particulares dunha persoa que non conta con máis apoio nin garantía legal na súa demanda cá presunta expresión aritmética das redes dixitais creadas polo goberno de Washington para derruír o goberno lexítimo de Cuba”.
Trump creou O Comando Especial para Internet por vía dunha disposición da Presidencia, co obxectivo de contratar netcenters (manexadores de bots), cibermercenarios e youtubers e sementarmensaxes de odio e percepcións negativas que son replicadas na rede de medios independentes e redes sociais. Precisan intermediarios de opinión de certo recoñecemento ou popularidade, presuntamente xornalistas ou líderes de opinión, polo que as súas palabras danse como verdadeiras, aínda que non o sexan.
Se a fracción do MSI, que aquí posa para a foto perante o Ministerio de Cultura, actuara na guerra londinense dos 60 do século pasado entre “mods” e “rockers”, sería “mod”. Os “rockers” eran traballadores.
De feito, influencers con tendencias hipercríticas, creados para xerar empatías e tendencias ideolóxicas. Outro elemento utilizado é o coñecido como hater, un usuario que se expresa con hostilidade, reproduce discursos de odio sobre persoas, grupos específicos da poboación ou sobre un tema.
Nun artigo para Cuba Money Project titulado O próspero negocio da democracia en Cuba, o xornalista Tracey Eaton sinalou o financiamento agachado de diversas formas a decenas de grupos, a medio de axencias, empresas e organizacións opacas no manexo dos seus fondos. O patrocinio de accións que perseguen a subversión e o golpe de estado superou os 249,5 millóns nas últimas dúas décadas.
Só en 2020, un reporte baseado na información pública que manexan axencias como a USAID nos seus portais dixitais, estima en 2,5 millóns de dólares a suma para financiar iniciativas subversivas. Trátase dunha cifra parcial, pois “algúns programas son tan secretos que nunca se revelan os destinatarios dos fondos”, explica Eaton.
O xornalista asegura que desde 2017, polo menos 54 grupos realizaron programas na illa con diñeiro proveniente da USAID ou da NED, coincidindo coa chegada á presidencia de Donald Trump.
As referencias ao Movimiento de San Isidro (MSI) medraban na Rede e 24 de novembro o Departamento de Estado estadounidense ofrecía até 1 millón de dólares para programas que promovesen dereitos civís, políticos, relixiosos e laborais en Cuba. Pagábanse ben as propostas para reforzar a capacidade de grupos independentes da sociedade civil en Cuba para promover os dereitos civís e políticos e poder responsabilizar a funcionarios cubanos por violacións de dereitos humanos e corrupción.
Con todo, Eaton mostra só unha capa dun negocio extremadamente rendibel, pois axencias e goberno de Estados Unidos informan ter contratistas non revelados (infiltrados) aos que tamén vai parar unha parte dos fondos para cambiar o goberno en Cuba.
Para dilixenciaren os pagos, medios contrarevolucionarios como El Toque, mediante o colectivo Más, radicado en Polonia, ou El Estornudo, creado en Cuba, e logo legalizado en México, rexistráronse noutros países como ONG.
No caso ZunZuneo, para ocultar o rastro do diñeiro, creáronse empresas de fachada en España e as Illas Caimán desde 2009, e contrataron directores xerais sen dicirlles que ían traballar nun proxecto financiado polos contribuíntes estadounidenses. Os 1,6 millóns de dólares gastados aparecían publicamente destinados a un proxecto non especificado en Paquistán, sen revelar onde se gastaron realmente os fondos. (1)
Yazmín Vázquez Ortiz, do Centro de Estudos Hemisféricos e sobre Estados Unidos da Universidade da Habana, explicou que o financiamento, a capacitación e a asistencia técnica son alicerces, a partir dos cales se aproveitan as condicións que existan nas sociedades que poidan ser obxecto de intervención, para promover movementos de resistencia que poidan fomentar o cambio que quere Estados Unidos.
A subdirectora dese mesmo Centro, Olga Rosa González Martín, destacou que ao funcionar como unha organización privada reciben fondos privados que poden ser de calquera individuo, de calquera corporación a nivel internacional, o que fai máis difícil poder vincular a unha entidade cun goberno específico, e cos obxectivos de política exterior dese goberno nun país determinado.
O Instituto de Xornalismo de Paz e Guerra, Factual, Distintas Latitudes, Fundación Sueca de Dereitos Humanos, Editorial Hipermedia, Diario de Cuba, Cubanet, a Universidade Sergio Arboleda e moitos máis, funcionan como contratistas destes proxectos mercenarios de prensa. Como estratexia seleccionan seus futuros líderes, capacítanos, premian, financian, estimulan, visibilizan, aglutinan, empoderan, orientan e danlles espazos e tribunas.
A penetración de Internet apontou esta faceta da guerra cultural que non é nova, mentres as fontes públicas de información do propio goberno estadounidense revelan o incremento de fondos durante os últimos anos, á vez que o Estado cubano reformaba seu modelo económico e social.
En xaneiro pasado o MSI foi honrado co Premio Freemuse á Liberdade de Expresión Artística 2021 pola fundación CADAL (Centro para a Apertura e o Desenvolvemento de América Latina), entidade de dereita con sede en Arxentina e Uruguai que se declara voz clara e constante na promoción da democracia, o fortalecemento das institucións e o progreso económico e social de América Latina, e recibe fondos da Fundación Ford e a Fundación Atlas.
O artivismo de membros do MSI recibe cada vez máis fondos e adestramento para causar impacto visual e disfrazar de tendencia artística o cambio que aos EUA lle interesan en Cuba.
Os artivistas reciben premios polo seu innovador labor e gran esforzo facendo fronte ás medidas coercitivas (!) do goberno cubano.
En 2011, a NED publicou na súa páxina oficial que achegara a Cadal 60 mil dólares e, até 2012, nove dos 16 libros que publicara en sociedade con distintas fundacións e editoriais, trataban sobre temas cubanos.
Foi denunciada nese país por ser unha organización financiada pola Fundación Nacional pola Democracia, que á súa vez foi financiada pola CIA, e estableceron a loita anticomunista xunto á Fundación Liberdade, o Centro de Promoción de Políticas Públicas para a Equidadee o Crecemento (CIPPEC) a Fundación Vital Voice, a Fundación Pensar, a Fundación Crer e Crecer e varios dos referentes da política rexional, como Mauricio Macri, Laura Alonso e Patricia Burllich.
Imaxinarios e valores, botín da guerra cultural
A guerra cultural, como se dixo, non é nova, como tampouco o é a crise multi-dimensional, estrutural e sistémica do capitalismo: por iso mesmo é que se agudizan os ataques contra calquera sistema de goberno que non contribúa a soster o seu imaxinario liberal baseado no individualismo duns poucos.
A maquinaria de difusión de valores políticos e culturais de Estados Unidos non toma en conta o respecto á soberanía das nacións e a diversidade cultural dos pobos; máis aló da soa influencia, practica a inxerencia encuberta e aberta nos asuntos internos doutros estados.
O debate non se circunscribe ao que fan ou opinan un grupo de artistas, nin sequera á violencia que xeran ou buscan xerar. Hai elementos que buscan cambiar a maneira de pensar dos cidadáns, de crear unha masa acrítica de persoas que non crea ou traballe para revolución algunha, e nada máis útil que a cultura como espectro de cambio de valores.
Son elocuentes as mesmas declaracións de Bruguera en diversas ocasións: a arte “para tentar novas estruturas políticas” (2005), “un medio para outras cousas” (2008). Na lóxica destes operadores non existen restricións culturais en Estados Unidos como as hai en Cuba, transmíteno obviando o episodio de Trump en contra da app TikTok de orixe chinesa ou a discriminación contra os xornalistas rusos en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña e Francia.
O insistente e custoso esforzo dos EUA por presentarse como modelo cultural para o mundo, ao tempo que pretende selo no social, o económico e o político, é parte dun negocio pero tamén dunha guerra. Baséase na noción de que a cultura é mercadoría e, polo tanto, o que vende é o que se promove, é dicir, se as elites poden comercializar con éxito a banalidade, o sexo e a violencia, entón que así sexa. O gaño é o criterio reitor.
A guerra cultural dos EUA contra o mundo vai para alén da influencia, practica e da infiltración encuberta ou aberta nos asuntos internos doutros estados para impor e normalizar seus valores mercantilistas como normalidade.
Todo ficou cando, en 2005, Estados Unidos e Israel equipararon a liberdade de creación co libre mercado na arte. Ese ano, en París, a UNESCO adoptou o Convenio sobre a Diversidade Cultural que establece que a cultura non é unha mercadoría máis, e outorga aos Estados o dereito soberano de impulsar e protexer a súa produción cultural, material e inmaterial contra toda medida que consideren unha ameaza.
O texto foi aprobado por 148 votos a prol e 2 en contra, estes últimos de Estados Unidos e Israel, cuxos delegados argumentaron que promover a verdadeira diversidade cultural é o mesmo que loitar polas liberdades individuais para que todos poidan ter liberdade cultural e gozar das súas propias expresións culturais e non das impostas polos gobernos.
Elier Ramírez Cañedo, do medio Granma, opina que o modelo do Norte Global impón o mercado capitalista como norma para os artistas, polo cal ese goberno non só protexe a economía de mercado cara ao interno, senón que se opón ao dereito soberano doutros países a protexer a súa cultura tradicional.
A promoción estadounidense da democracia, a liberdade de expresión e os dereitos individuais abrangue tanto que inclúe a cuestión cultural, e está catalogada como un dos obxectivos do devandita financiamento.
Nunca se chamará polo seu nome ás arremetidas colonizadoras da industria hexemónica global, con proxectos específicos de guerra cultural, deseñados, financiados e levados a práctica tanto para o dominio das sociedades no afectivo e cognitivo como para impor coma norma os seus valores a determinados grupos e nacións.
Un punto crítico é a historia: canto máis se poida manipular, terxiversar o pasado e atacar as súas bases máis sensibeis e simbólicas, mellor poderase varrer co exemplo de procesos revolucionarios como os ocorridos en Cuba, Venezuela, Nicaragua, Bolivia e Ecuador.
No seu libro La CIA y la guerra fría cultural, a investigadora Frances Stonor Saunders, expón como a cultura foi arma fundamental durante a Guerra Fría en contra das experiencias socialistas do Leste de Europa. “Un trazo importante das accións emprendidas pola Axencia para mobilizar a cultura como arma da Guerra Fría, era a sistemática organización dunha rede de grupos privados e amigos. Falamos dunha coalición de tipo empresarial de fundacións filantrópicas, empresas e outras institucións e individuos que traballaban de xeito conxunto coa CIA, como tapadeira e como vía de financiamento dos seus programas secretos en Europa occidental”, sinala Frances Stonor.
Trátase dun concepto que, entendido como sistema, integra ou se relaciona con elementos doutros termos que foron de maior uso como o de guerra política, guerra psicolóxica, guerra de cuarta xeración, smart power,golpe brando, guerra non convencional e subversión política-ideolóxica.
O Libro Branco do Comando de Operacións Especiais do Exército dos EUA, de marzo de 2015, baixo o título Apoio das Forzas de Operacións Especiais á Guerra Política, expón que ese país debe retomar a idea de George F. Kennan, un estratego estadounidense contra a Unión Soviética e arquitecto da política de contención fronte ao comunismo no Departamento de Estado.
A súa formulación parte da necesidade de superar o límite do concepto que establece unha diferenza básica entre guerra e paz, nun escenario internacional onde existe un “perpetuo ritmo de loita dentro e fóra da guerra”. É dicir, que a guerra é permanente (por iso o conflito permanente do MSI e outros moitos grupos financiados polo Norte), aínda que adopta múltiples facetas e non pode limitarse ao uso dos recursos militares.
De feito, o documento expresa que se pode facer a guerra sen declarala, e mesmo facer a guerra á vez que se declara a paz. “O obxectivo final da Guerra Política é gañar a Guerra de Ideas, que non está asociada coas hostilidades– precisa-. A Guerra Política require dos servizos armados, diplomacia agresiva, guerra económica e axencias subversivas no terreo na promoción de tales políticas, medidas ou accións necesarias para irromper ou fabricar moral”.
Zbigniew Brzezinski, asesor para Asuntos de Seguridade Nacional do expresidente Jimmy Carter, na súa obra The Grand Chessboard, American Primacy and its Geoestrategic Imperatives, publicada popr Basic Books (2)en 1997, expresaba: “A dominación cultural é unha faceta do poder global estadounidense que non foi debidamente valorada. Aparte do que se poda opinar sobre seus valores estéticos, a cultura de masas estadounidense exerce un atractivo magnético, especialmente sobre a mocidade do planeta. Unha atracción que pode vir da calidade hedonista do estilo de vida dos EUA, pero seu engado global é innegabel. Os programas de televisión e as películas dos EUA representan as tres cuartas partes do mercado global, mentres a música popular é igualmente dominante. Novidades, hábitos alimenticios e roupa dos EUA, son imitados en todo o mundo. A lingua de Internet é o Inglés, e as máis das conversas dixitais proceden dos Estados Unidos, o que influencia os contidos do diálogo global”.
Búscase sacar rédito do intento de golpe de 27 de novembro de 2020. Cada vez queda máis claro que non foi un movemento espontáneo e que a súa dirección e sentido cara a un golpe brando levan a forzar constantemente escenarios de tensión que rematen en situacións de conflito.
O que se procura é desgastar a narrativa oficial en longas explicacións e respostas para deste xeito outorgar lexitimidade ás novas caras transmitir a idea de que as súas operacións son un medio para outras cousas.
A institución da cultura de Cuba é cabeza de praia nesa estratexia de privala de sentido progresivamente, para irradiar un relato de crise ao resto do Estado e forzar ríos revoltos, escaladas de caos e espirais de violencia.
Publicado por Misión Verdad e traducido ao Galego para TSA por Rosalía Eiras.
Alberto Pazos Couñago, deputado fraguista no Parlamento Galego, ven de reclamar alarma preventiva con intervención emerxente a prol do rapeiro cubano Yotuel, para defendelo dende Galiza de opinións críticas aparecidas na Rede contra o cantante. O rapeiro non ten denunciado ás autoridades do seu país maltrato nin ameaza en concreto, mais o deputado de Redondela, moito máis informado que a presunta vitima, di que o artista está “acosado, perseguido, amenazado e insultado” polo que ofrece “a nosa solidariedade desde o Parlamento Galego”, un plural que implica a toda a Cámara sen que poda o universo votante saber se esta demanda auxilio desde o Parlamento fala en Comisión, interpela co permiso do seu grupo ou actúa como voceiro da bancada dos conservadores.
Alberto Pazos, deputado do PP, debería identificar ao causante do delicto que dinque cometen contra o seu protexido o rapeiro cubano Yotuel
Segundo informacións seguras obtidas por Terra Sen Amos, o rapeiro Yotuel non está detido nin denunciado; non se lle segue causa ningunha e non ten sido obxecto de reconvención, aviso ou recomendación cautelar de parte das autoridades do seu país, o que poderia facer sen dúbida do rapeiro habaneiro a envexa de Pablo Hasél, que vivindo na idílica Unión Europea está na cadea por reclamar xustiza en letras airadas que os xuices do Supremo consideraron pública gabanza de métodos violentos (terrorismo, na cualificación da xustiza) e ainda está na espera doutra sentencia por se ter manifestado en 2018 diante da Subdelegación do Goberno. Para información do deputado Pazos e do seu protexido Yotuel,, o rapeiro Hasél está na cadea por facer uso de dous dereitos centrais: o de expresión e o de manifestación.
Para comprendermos de donde son os cantantes coma Yotuel, e a razón de o partido de Alberto Pazos, o PP tan afogado de procesos por sobres de cartos con chantaxe, vivir baixo ameaza de revelacións de delictos que comprometen ao seu mesmo consello de venerábeis, debemos saber que o rapeiro fora invitado antes a unha sesión do Parlamento Europeo pola bancada da dereita, para que volvan os tempos famosos de Aznar nos que o asunto cernal e imperioso da política da UE consistía nunha estratexia emerxente para acabar co goberno lexítimo de Cuba.
Como un Parlamento que representa a 320 millóns de persoas do Norte Rico, dá protagonismo a un ninguén que afirma falar en nome de toda Cuba, non se comprende sen identificar o temor de Miami de quedar aparcado por unha política de diálogo con Habana, de parte de Biden. O desafío das dereitas ricas de Europa é probar que son máis combativos coa esquerda que as beiras de Le Pen, de Vox, dos neo-musolinianos do Norte, do goberno racista de Budapest e dos fundamentalistas de Varsava. Eis a cara de abraio de Borrel, como se lle aparecese de súpeto un cabalo voador, cando nunha comparecencia indica que o risco do mundo está no goberno de Caracas, ou na independencia sagrada de Cuba que sabe atender a Pandemia mellor que a presidenta Ursula von der Leyen e o seu coro de asesores ben pagos que anda a couces cos bancos secuestradores de vacinas.
Sabían que Yotuel , famoso por decreto de telexornais reaccionarios, dixo no Congreso de Madrid, tamén invitado polos coroneis de Alberto Pazos, que a súa formación verdadeira en liberdades democráticas procedía dos tribunais luminosos da Coroa, luz de Occidente, xusto no intre de a deusa da xustiza erguer a venda e chiscar un ollo aos carcereiros de Hasél?
O sitio Cubainformación recorda que a fronte dos que reclaman nos EUA arriar o Bloqueo é ben máis importante en número e credibilidade que a aparición tramposa de meter como primeiro da lista dos máis vendidos un sermón de Yotuel co título Patria y Vida, ben doado de entender nungrupo de tanxedores desesperados de non poder levar un mal cooncerto a boca durante a pandemia, e tentados como non, polos rañaceos da acumulación colonial, do anticomunismo e da moral do reparto desigual de vacinas.
Alberto Navarro, embaixador da Unión Europea en Cuba, foi convocado a consulta a Bruxelas por ter respaldado un escrito de máis de 790 asinaturas contra o Bloqueo que puxo de cuñas a bancada da dereita da cámara de Bruxelas, encirrada polo PP español. Respondendo as alporizadas preguntas da información da Hispanidade, o diplomático, que ten máis de 40 anos de experiencia, dixo que o Bloqueo era inmoral e contrario ao dereito internacional, e que el, como diplomático con máis de 40 anos de experiencia, sempre se declarou contra o asedio dos EUA a Cuba. O embaixador acrecenta que a UE non pode dar clases de democracia a ninguén.
Vinte cadeas de hoteis da UE en Cuba están baixo ameaza de sanción por leis extemporáneas aprobadas por Trump no final do seu mandato.
“Nós partimos da base de que no hai sociedades perfectas e non queremos darlle leccións ao resto do mundo –manifesta Navarro a redación do sitio Cubanet– . Xa abonda de guerras no continente europeo, que nós chamamos guerrras mundiais malia que fosen guerras nosas exportadas ao resto do mundo. A experiencia das relacións internacionais vista desde Europa, invítanos a compartir experiencia con outros paises e ver como podemos mellorar na prática e aprender uns dos outros”.
O embaixador dí que non lle corresponde a UE interferir no goberno de Cuba porque iso é competéncia do pobo cubano. “Como socios e amigos, temos un Acordo de Diálogo Político e Cooperación asinado hai pouco máis de tres anos e intercambiamos experiencias. Temos acordos deste teor con máis de 60 paises do mundo. Con a China, por exemplo, imos xa polo acordo número 35”.
É a primeira vez que un diplomático da UE pon en dúbida o dereito de Europa a sancionar terceiros pola súa maneira de se gobernaren. “Nós –afirma- non somos xuizes nin damos clases de política porque iso sería impropio dunha organización coma a UE que ten relacións con todos os países dun mundo onde non existe unha sociedade perfecta. Podemos, por exemplo, non estar dacordo coas penas de morte nos Estados Unidos ou noutros paises, mais nós non as mencionamos nos diálogos que mantemos con eles”.
Entre os asinantes da carta de protesta,coa que se solidariza o embaixador , hai persoas directamente agredidas pola aplicación do Título IV da Lei Helms Burton en todo o mundo, considerado inaplicábel mesmo entre empresarios dos EUA con negocios na illa.
Máis do 70% da poboación cubana naceu baixo o bloqueo de Estados Unidos cara a Cuba, único do seu tipo no mundo pola súa duración pero tamén pola capacidade do pobo para resistir e sortear unha agresión continua. Iso moldeou o ser e facer da sociedade cubana. Costumes, hábitos, modos de vida, condutas, percepcións, creación e referencias da cultura cubana foron anotados a pé feito polo goberno dos EUA, nomeadamente na interacción cos novos elementos de comunicación centrados en Internet e as redes sociais.
A arañeira de medios de comunicación e propaganda ben pagos polo goberno dos EUA para intoxicar Cuba, traballa arreo nas redes sociais da illa para vender insolidariedade, individualismo, monetarismo e privilexios para os ricos.
O Movemento San Isidro (MSI) aparece na escena política logo de o goberno de Cuba publicar, en xullo de 2018, o decreto 349/2018 que regula a actividade artística e aparecer obxeccións entre artistas cubanos. O instrumento legal entraría en vixencia 7 de decembro, pero foi criticado por figuras que apoian ao goberno revolucionario, como Silvio Rodríguez, e recibiu forte oposición doutros artistas, entre os que se contan algúns que participan do mercado artístico global.
As protestas contra o decreto, algunhas violentas e levadas a cabo con desafío das leis, ocasionaron detencións a persoas vinculadas ao MSI que buscaron escalar o conflito antes que dialogar, mesmo despois de seren liberados. O debate e diversos encontros entre autoridades e sectores da cultura, precederon a decisión do goberno de suspender o decreto e sometelo a revisión.
A campaña do MSI buscou involucrar a quen apoian criticamente o novo estatuto e xerar polémica entre activistas e profesionais da cultura, apoiados pola embaixada dos EUA na Habana que, no seu momento, publicou chíos en defensa da liberdade artística, cun lema ben pouco diplomático: Non ao Decreto 349. O persoal da embaixada ten intervido nos medios de difusión que o seu propio goberno finanza, para criar opinión sobre detencións e incidentes. Membros do MSI protestaron 9 de novembro de 2020 pola detención do rapeiro Denis Solís, que fora sentenciado a oito meses de cárcere por agresión a un oficial de policía. Seguiron protestas en nome da liberdade de expresión e a liberación de Solís.
Pasaran tres meses destes sucesos, e foran convocadas no mesmo lugar tres persoas relacionadas cos feitos de novembro anterior para abrir un espazo de diálogo. Un grupo de 30 concentrouse fronte ao Mincult (Ministerio da Cultura cubano) para protestar contra varias detencións ocorridas ese mesmo día. O vice-ministro de Cultura, Fernando Rojas, invitounos a dialogar mais o grupo recusou a oferta.
A seguir, o ministro de Cultura, Alpidio Alonso, presentouse na reducida concentración e, logo de un dos manifestantes achegarlle o teléfono celular á cara, Alonso apartou o aparato que lle estorbaba a conversa co grupo, e o portador aproveitou a escusa de ter perdido o control do móbil para detonar un espectáculo mediático ao que se sumaron determinados medios dixitais difundindo o relato dunha “arremetida violenta contra os pacíficos manifestantes fronte á sede da institución”.
Tres persoas foron convidadas a dialogar na sede do Ministerio de Cultura cubano pero o MSI optou por unha manifestación para avivar o conflito e a opinión demagóxica de o Goberno dos EUA.
O presidente cubano Miguel Díaz-Canel denunciou as accións promovidas contra funcionarios e entidades do Estado, en actuacións provocadoras que parecen ignorar o asañamento do Bloqueo contra Cuba (1)
De xeito sincronizado, en Miami, a sucursal do MSI, manifestouse a prol dos detidos e os supostos agredidos. Como é sabido, os feitos de novembro tiveron eco mediático ao se declararen algúns membros do MSI en folga de fame para reclamar a liberdade de Solís.
A novidade, que non o é tanta, é que se circunscriba a polémica en torno ao Mincult; iso dá unha idea da axenda en curso. Non se trata só de combater unha decisión legal senón de negar o diálogo, ofrecido en múltiples ocasións, para atizar o conflito. As transmisións en vivo en redes sociais (coma Facebook Live) evidencian que o fin é a propaganda, tal como aparece ás claras no chío da Embaixada de Estados Unidos en Cuba.
Xaneiro 29, medios como Cibercuba aseguraban a detención dos rapeiros Maykel Osorbo e Omar Mena do MSI ao saíren das súas casas na Habana e Santa Clara, respectivamente. Outro detido sería o artista Luís Manuel Otero Alcántara cando se dirixía a manifestarse ao Capitolio.
Outras denuncias foran as da detención do rapeiro Maykel Castillo, integrante do MSI á saída da súa vivenda, e do artista Yasser Castellanos fronte á escaleira do Capitolio. O mesmos medios que deron a nova, indicaron que os detidos foron liberados horas despois; con todo, a narrativa vitimista persiste.
Febreiro 2, un reporteiro do sitio ADN Cuba, administrado desde Estados Unidos, recoñecía nun vídeo que circulou polas redes, recibir entre 150 e 200 dólares para cubrir a información.
Cubalex, unha ONG que funciona con fondos provenientes da National Endowment of Democracy (NED) e que en Cuba ten como voceira a Tania Bruguera, chamou a tomar o Capitolio da Habana, coma na recente incursión en Washington.
Quen quere ser mercenario? O negocio dos fondos
A propaganda viral busca mostrar ante o mundo un clima de ingobernabilidade en Cuba respondido polo goberno mediante un escurantismo incurabel o que estaria dando lugar a un clima xeral de desconfianza e descrédito de cara ao goberno.
En 2013 un informe publicado pola Oficina de Responsabilidade Gobernamental de Estados Unidos (GAO polas súas siglas en inglés) dixo que a administración Obama impulsara unha rede social equivalente a Twitter chamada Zunzuneo que pretendía construír unha audiencia cubana, na súa maioría persoas novas, que logo sería inducida a disidencia. Así o recoñeceu o entón administrador da USAID, Rajiv Shah.
En xuño de 2017 o expresidente Trump volteou os sinos a rabear contra políticos, xornalistas, escritores e artistas defensores da Revolución Cubana creando a O Comando Especial para Internet por vía dunha disposición da Presidencia, co obxectivo de contratar netcenters (manexadores de bots), cibermercenarios e youtubers organizados a traveso dos medios creados, organizados e pagos por Washington.
Orixinal publicado por Misión Verdad e traducido ao Galego para TSA por Rosalía Eiras.