Axencias – TSA
Dez produtos da investigación científica cubana recibiron Medalla de Ouro da Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) cualificacións de excelencia para un país en vías de desenvolvemento e obxecto dun ferreño bloqueo económico no que terman 12 presidencias dos EUA, dende a fuga e saqueo do Estado de parte do goberno bendito por Washington e a inmediata aclamación da Revolución. A Medalla de Ouro da OMPI foi establecida en 1979 pola ONU para promover a actividade inventiva e creadora no mundo, nomeadamente, nas nacións non industrializadas.
A información da páxina electrónica da Oficina Cubana da Propiedade Industrial (www.ocpi.cu) indica que o primeiro produto cubano acredor da Medalla de Ouro da OMPI foi a vacina anti-meningocócica tipo B, en 1989, relizada por un colectivo de investigadores do hoxe Instituto Finlay de Vacunas, que dirixe a doutora Concepción Campa Huergo.
En 1996, foi distinguido o Policosanol (coñecido pola sigla PPG) fármaco logrado a partir da cera da cana de azucre por especialistas do Centro Nacional de Investigaciones Científicas (CNIC), e en 2000 o antibiótico de uso veterinario Biocida, do Centro de Bioactivos Químicos de la Universidaad Central «Marta Abreu» de Las Villas.
No 2002 foi premiado o anticorpo monoclonal humanizado Cimaher, do Centro de Inmunología Molecular (CIM), e o produto Stabilak, para prolongar o tempo de conservación do leite cru sen refrixeración, obtido no Centro Nacional de Sanidade Agropecuaria (CENSA).
Outras invencións premiadas coa Medalla de Ouro da OMPI foron a vacina contra o Haemophilus Influenzae Tipo B, obtida no que daquela se chamaba Centro de Antígenos Sintéticos de la Universidad de La Habana, en colaboración coa universidade de Ottawa, Canadá (2006), así como a equipa para diagnóstico rápido microbiológico Diramic, do CNIC, e o surfactante pulmonar Surfacen, creado no CENSA, destinado ao tratamento do síndrome de dificultade respiratoria no naipelo, ambas en 2007.
Completan a lista, o fármaco Heberprot P, realizado polo Centro de Ingeniería Genética y Biotecnología, galardonado en 2011, e a invención Anticuerpos Monoclonales Anticd6 (Itolizumab), do CIM para tratar e diagnosticar a psoriasis, que recibira a medalla de ouro en 2015.