A Asemblea das Nacións Unidas critica con máis votos que nunca a política de inxerencia de Estados Unidos contra Cuba.
O país máis armado da historia da humanidade intervén como promotor da sabotaxe administrativa e bombista contra outro pequeno Estado que exporta médicos e mestres a todo o mundo ao tempo que promove o principio da xustiza e a igualdade. O voto da ONU indica que as razóns de Cuba poden máis que a forza do Imperio.
O ministro de Estado cubano, Bruno Rodriguez, dixo na súa intervención na ONU que o bloqueo norteamericano roubara miles de millóns de dólares á modesta economía cubana durante corenta e sete anos e fora, sobre todo, pernicioso para a atención integral da infancia na que a Revolución acada relativamente os máis altos indicativos dos paises do Sur. “O cerco–sinalou Rodríguez- é unha expresión de arrogancia inculta e un acto de xenocidio”.
A Asemblea das Nacións Unidas deixa en evidencia a presión dos Estados Unidos para aparecer mediante a propaganda coma potencia inxustamente tratada por Cuba cando a realidade do bloqueo indica con claridade meridiana todo o contrario.
“Cuba parécese máis aos principios de Lincoln ca o governo para ricos dos Estados Unidos”.
“Cuba é unha democracia máis parecida aos principios de Abraham Lincoln, de un governo do povo, co povo e polo povo, ca a plutocracia que funciona nos Estados Unidos” sinlaou o ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrillado, na súa réplica a embaixadora dos Estados Unidos na asemblea da ONU.
No seu discurso á Asemblea da ONU, o ministro recordou que o novo governo Demócrata dos Estados Unidos mantén a prohibición sobre transferencias de información, medicamentos de emerxencia e novas tecnoloxías amais de sancionar aos paises aliados interesados en vender equipo para a medicina pública cubana.
O ministro comezó o seu parlamento con citas de pacientes concretos que ven agravada a súa situación por causa do bloqueo: “Alexis García Iribar naceu en Cuba, na provincia de Guantánamo, cunha cardiopatía conxénita. Con seis anos houberon de operalo a corazón aberto porque o governo dos Estados UNidos impide á empresas norteamericanas vender dispositivos para o cateterismo pediátrico que sustitúe a cirurxia”.
A Asemblea escoitou o relato de Rodriguez Parrilla sobre outras consecuencias do bloqueo para doentes concretos coma os nenos que padecen leucemia linfoblástica e os casos de cancro de mama, colon e próstata aos que Estados Unidos nega acceso a unha equipa específica de análise xenético. “Esta política absurda segue a provocar necesidades e pacedementos, é unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos e parece tipificada na Convención de Xenebra do 48 coma un acto de xenocidio”.
O cerco e as represalias do governo norteamericano contra empresas de terceiros paises que están interesadas en comerciaren con Cuba, son inhumanas e impropias destes tempos. O ministro citou o caso do departamento de equipa médica da transnacional holandesa Philips que incumpriu o subministro de pezas de reposto contratado por Cuba para equipa médica por valor de case 73 millóns de dólares. A holandesa foi multada con 200.000 dólares polos Estados Unidos.
O governo norteamericano tamén non deixa que a empresa xaponesa Hitachi venda a Cuba un microscopio de transmisión electrónica indispensabel para as probas de anatomopatía. A outra empresa do Xapón, Toshiba, non lle permite Estados Unidos vender a Cuba unha Cámara Gamma e equipa de resonancia magnética e de ultrasons de alta resolución. Bruno Rodríguez Parrilla citou despois casos semellantes de blouqueo extra-territorial aplicados a Siemens, a canadiana Sensient Flavors, o Australia & New Zealand Bank asi coma a sanción imposta a 1941 barcos de todo o mundo que atracaron en Cuba. “É unha grave violación do Direito Internacional, da Carta da ONU, da liberdade de comercio e de navegación -dixo o representante de Cuba- Nun tempo de desemprego e crise económica, os empresarios dos Estados Unidos teñen vedado o mercado cubano e non poden investir en Cuba e as empresas do mundo non teñen competencia en Cuba porque o governo de Washington llelo prohibe”.
“Ninguén pode dicer con seriedade que Cuba significa unha ameaza para a seguridade nacional da única superpotencia. Toda a nosa forza é o dereito e a razón” engadiu o Ministro de Estado que lembrou que o novo goberno Demócrata prorrogara por un ano o bloqueo en defensa dun pretendido “interese nacional dos Estados Unidos”.
Información de Granma, Prensa Latina, Al Jazeera Internacional e Reuter.