Berenice Sobral (Miami) – Terra Sen Amos
Onde vai a solidariedade con Cuba da Françe Insumise de Melenchon e do seu discurso anti-imperialista? Esta presunta esquerda demanda axuda humanitaria para a illa e non parece alterarse cando lle recordan, que a actuación humanitaria que están dispostos a secundar, é de feito unha invasión por mar e aire de parte dos EUA, o que significa que certa esquerda francesa que asegura que nunca vai aceptar consellos do capital, corre a axudar ao capital cando este proclama dende a megafonía imperial que é urxente intervir en Cuba. Parecen ignorar que os problemas obxecto das súas solucións proceden directamente do seu propio bloqueo a Cuba. Unha auto-denominada esquerda insubornábel que aparece na onda das fraccións verdesda UE, conformadas polo modelo atlantista de loita ecolóxica próxima ao anticomunismo. Nela ten protagonismo a IV Internacional.
Dende Madrid, Yolanda Diaz , que ocupa o cargo máis alto de Unidas Podemos no goberno de coalición do PSOE, interpela ao goberno de Cuba coma se este fose causante dos problemas graves de abastecemento que padece a poboación. O tobogán de Diaz, de bandeira vermella ao vento, supera o teito da Moncloa, mais ao final baixa con toda comodidade ao andén da política exterior do PSOE, conformada polo cuartel xeral da OTAN dende Vixinia.
Pregunta Arianna Álvarez na prensa cubana : “Onde estaban por ventura, os que xuntan as palabras axuda e humanitaria cando os EUA impediron a entrada dun barco que viña de China cargado de específicos para tratar a pandemia e axudar ao pobo de Cuba? Onde estaban cando Trump prohibiu transferencias de axuda a illa no medio da pandemia, impediu que empresas norteamericanas vendesen a Cuba ventiladores pulmonares e abordou no medio do mar transportes de petróleo para illa? Son os mesmos que deran voces cando Cuba ofreceu porto ao pasaxe dun trasatlántico inglés ao que outros paises da área recusaran axudar”.
“Do Bloco de Esquerda (BE) nen uma palabra de solidariedade á Revolución Cubana –comenta Joao Fração no semanário Avante– Pelo contrário, nos seus órgãos de comunicação, veicularam as notícias das centrais de desinformação internacional. As manifestações populares em defesa da Revolução, que face ás ameaças de desestabilização trouxeram para as rúas da ilha centenas de milhares de pessoas (…) foram olimpicamente ignoradas. Em contrapartida, deputados e a eurodeputada do BE fazem eco com a campanha de intoxicação internacional e um dos seus principais dirigentes indigna-se mesmo por Diaz-Canel ter apelado á defesa da Revolução”.