La Ventana (Cuba)
“A idea de que Cuba é un Estado Errado (A Failed State), que tanto traballo lle custou producir ao goberno millonario de Joseph Biden, é certa. Cuba é un Estado errado para as transnacionais que son quen de conseguir enormes beneficios nun tempo no que a economía mundial fracasa debido aos efectos da pandemia e a crise económica. Para esas transnacionais, que multiplican seu gaño en situacións nas que o resto da economía mundial malvive na pobreza, a miseria e a fame, claro que Cuba é un Estado errado”, asegura o sociólogo Aurelio Alonso nun artigo que publica o medio Cubano La Ventana.
“Cuba é un Estado errado –acrecenta Alonso, que forma parte da equipa de dirección dá Casa de las Américas– porque non lles dá a eles beneficios nas desigualdades crecentes que se producen no sistema dos EUA; Cuba é un Estado errado e inútil para os que buscan benefício e suborno a través do monopolio das vacinas; Cuba non lles vale para iso. Cuba é un Estado errado para toda esa miseria, de abuso de poder que irradia o imperio. Para eles Cuba, o exemplo cubano, é o exemplo dun Estado errado. Poré, o Estado errado para o mundo, é precisamente o que eles están a preconizar; errado porque co el, a humanidade non poderá librarse dos seus terribles problemas”.
O autor do artigo recorda que Biden está a centrar a súa campaña anti-cubana nesa idea de fracaso do Estado cubano que espalla mediante unha campaña de propaganda e medios sen taxa acompañada dunha nova escala de sancións contra o estado e a sociedade do arquipélago. “Porén Cuba non teme novas sancións porque dende hai sesenta anos, Cuba padece multas ilegais e bloqueo dos EUA. Resistiunas e ten probada a súa capacidade de resistir e multiplicar recursos. Así que non nos asustan as novas sancións, nin ao noso Presidente, nin ao noso Estado cubano, nin á nosa política, nin ao noso pobo”.
O artigo de Aurelio Alonso aparece nun momento no que a prensa cubana multiplica a ironía e a rexouba contra a cínica preocupación do Goberno de Washington polas dificultades creadas en Cuba polo propio Bloqueo que e o gabinete dos EUA administra e aplica. “Que teñan éxito en impor seus criterios –recorda Alonso- depende mesmo daquilo que advertira o noso Comandante en Xefe en Brasil en 1992, cando dixo que a especie humana estaba en perigo de extinción. Non era unha metáfora, era un prognóstico real, era unha previsión real. É moi difícil que acabando co que eles chaman Estados errados, impondo o seu Estado e as súas concepcións do sistema como as únicas que valen para o mundo (que é a acumulación de capital, sen mirar o que queda detrás, sen mirar o que van deixando como ronsel de miseria, destrución e pobreza) que humanidade poida ver o nacemento do século vindeiro, é dicir, é posibel que, se lles deixan, se o mundo deixa que teñan éxito, convertan este século no derradeiro de existencia para a humanidade”.
Recorda o autor do texto publicado no medio La Ventana, que a proba da comprensión universal deste xuizo contra o imperialismo aparece contrastada na aclamación anual da Asemblea da ONU contra o bloqueo a Cuba, mesmo que a votación veña a probar que o conxunto das nacións do mundo alí representadas carece de medios para facer cambiar a desigual estrutura mundial de poder. “Porén Cuba vai seguir resistindo e invita a seguir neste labor aos países que avanzaron no noso Continente e no resto do mundo subdesarrollado na defensa da súa soberanía. Países en resistencia que representan a esperanza dun mundo mellor, que será posibel non por ser máis rico senón pola equidade que permita subsistir a especie humana. Cuba é exemplo diso. O que os EUA e aliados tentan impor ao mundo é o contrario. Cuba está decidida a resistir porque soubo manter o liderado revolucionario co que naceu este sistema, o seu socialismo tan atacado e escarnecido polos intereses privados, polo enriquecemento sen normas nin fronteiras”.
Artigo traducido por Antela Docampo para a Redación de Terra Sen Amos