Comunicado difundido pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, a pouco de a secretaria de Estado dos EUA anunciar que incluía outravolta a Cuba na lista de Estados Promotores do Terrorismo, unha decisión que foi condenada por voces solidarias de todo o mundo.
Cualificar a Cuba de Estado Promotor do Terrorismo, como ven de anunciar o governo en despedida de Trump, é, en si mesmo, un acto terrorista dunha presidencia violenta e fracasada, contra un país ao que sucesivos gobernos da Casa Branca impón o infame castigo colectivo do bloqueo, medida prohibida pola ONU e expresamente condenada nos Acordos de Xenebra.
É Cuba quen pode reclamar por terrorismo ao goberno de Washington por ter sido obxecto de atentados e violencia organizada por terra, mar e aire de parte de doce presidentes dos EUA. Cuba ten memoria viva das accións violentas contra persoas e patrimonio de seu organizadas polo imperio e da protección que sucesivos presidentes estadounidenses aseguraron aos criminais executores. Accións terroristas que tomaron por veces forma de guerra biolóxica, de secuestro de persoas ou de ataques con arma de repetición, coma o lanzado 30 de abril pasado contra a Embaixada de Cuba en Washington, sobre o que a Casa Branca non ten nada que comentar.
Lembremos que o uso da violencia contra Cuba foi repetidamente defendido coma recurso necesario para corrixir o que a dirección imperial consideraba na súa arrogancia un extravio da democracia.. O imperio dá leccións pero recusa verse no espello da súa violencia contra o mundo e, desde o pasado dia 7, contra o seu Templo da Lei, o Capitolio, nun ataque terrorista lanzado polo mesmo presidente.Donald Trump.
A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil recusa esta abusiva reinclusión de Cuba na comisaría imperial contra o terrorismo de parte dun presidente que parece querer vingarse do seu propio procesamento por terrorismo, iniciado cando mal lle queda unha semana no cargo,
Vergoña para un goberno imperial delincuente que ousa acusar a Cuba de terrorismo!
Respecto para Cuba!
Viva Cuba independente e socialista!