Iroel Sánchez – Almayadeen
2019 marcou a etapa máis agresiva na historia do bloqueo económico a Cuba, coa demasía de aplicar o capítulo III da Lei Helms-Burton dirixido a espantar o investimento estranxeiro, que nin George W. Bush foi quen de aplicar por medo aos seus aliados europeos e Canadá. Xa sabemos que para a política exterior trumpista a única opinión que conta é a súa. Para o cálculo político da batida feróz contra o Presidente Nicolás Maduro, lanzada 23 de xaneiro, a estas alturas xa gobernarían en Caracas os amigos de Washington, e Cuba estaría a beira dunha guerra civil provocada por necesidades de toda caste, ou se cadra montando unha perestroika tropical como prefiren os aliados miameiros de Trump, escoitados e como non polo a causa do control politico dun Estado con peso electoral e en disputa -a Florida- para as eleccións de novembro de 2020.
E con todo, Maduro segue no Palacio de Miraflores e as dificultades económicas cubanas non impediron continuar consolidando o liderado do novo goberno de Miguel Díaz-Canel, cunha intensa comunicación política, o anuncio de medidas que afortalaron o consenso positivo sobre a súa xestión e un protagonismo do control popular que renovaa a unidade nacional para enfrontar as novas agresións estadounidenses. Triunfalismo? Non; se hai un pobo que recuse o triunfalismo e o consignismo valeiro, ese é o cubano; mais hai , de certo, confianza nas capacidades para, renovándo os métodos e afirmándo as esencias, derrotar os planos estadounidenses.
Non é casual que en tales circunstancias, vésperas dunha intervención do Presidente Díaz-Canel, para explicar o efecto das medidas estadounidenses e como as enfronta o goberno cubano, as contas na rede social Twitter dos principais medios de comunicación cubanos, de varios Ministerios e de decenas de xornalistas e comunicadores, sexan bloquedas. As liberdades de comercio e de expresión, principios sacrosantos do discurso dominante, están sendo esmagadas na guerra de Estados Unidos contra Cuba pero o mundo non debe sabelo.
O Presidente cubano deixou co cú ao aire a estratexia estadounidense de nos mostrar como un goberno incapaz, ineficiente e con iso buscar unha revolta social e agregou: “a nosa saida está en denunciar todo o relacionado con esa política de odio”. A maquinaria mediática, moi ben articulada na internet, traballa por invisibilizar os efectos do bloqueo e a súa alianza coa subversión: a primeira crea graves atrancos e a segunda culpa delas ao sistema socialista. Comentábame un amigo: a Amazonia arde e a culpa é de Bolsonaro, xamais da explotación extrema provocada polo capitalismo; mais se escasea o diésel en Cuba, o culpabel é o socialismo, malia os esforzos de Estados Unidos por desviar os barcos que o traen á Illa; por iso a comunicación constante en todas as direccións é decisiva.
Edición de TSA.
Artigo completo en https://espanol.almayadeen.net/articles/main/1342225/qu%C3%A9-pasa-en-cuba-que-el-mundo-no-debe-saber