“Contra a alienación, Fidel defendia a cultura e a loita pola independencia” (Abel Prieto na festa do “Avante”)

L´Humanité, Cubainformación, Diario de Notícias, Terra Sen Amos

Abel Prieto, deputado do Poder Popular , director do Programa Martiano e ministro de Cultura con Fidel e Raúl, dixo na Festa do Avante en Lisboa que para resistir a desinformación, a mentira e o consumismo, está a cultura entendida como formación do criterio e da conciencia de identidade. “A cultura, na visión de Fidel, ten que ver co que somos, como cubanos, co destino do noso pobo, da nosa historia, da nosa loita pola independencia”. En Lisboa, Prieto foi entrevistado por Celino Vieira, presidente da Associação Portuguesa José Marti, a mais de conceder entrevistas a Susana Salvador do Diário de Notícias e e a médios públicos. A seguir participou en Paris, na Feira de L´Humanité.

Albel Prieto fala na Festa do Avante con Celino Vieira, presidente da Associação Portuguesa José Marti

“As persoas poden aplaudir desasisadamente opinións contrarias aos seus intereses colectivos porque sen cultura calquera pode ser manipulado. É o que aconteceu neste rouso para a dereita en América Latina e noutros lugares do mundo, para xeral desgracia”, dixo Abel Prieto. “Mercé ás redes sociais, a identificación dos censos electorais por áreas de opinión deixa as portas abertas a demagoxia da prensa canalla; darlle nome de democracia a unhas eleccións manipuladas dese xeito é case unha rexouba”.

O director do Programa Martiano coida que son de vixencia plena os consellos de Fidel para evitar os estragos da información contaminada. “Fidel estaba convencido de a cultura ser a clave da calidade de vida, o poder ver as diferenzas entre unha vida plena ou o simples amoreado de bens materiais. O mellor antídoto fronte ao que adoitamos chamar consumismo, isto é, o apetite por posuír, comprar, usar, descartar e comprar outravolta, esa lóxica de desperdício, esa lóxica do uso irresponsábel dos recursos deste planeta que nos leva ao suicidio colectivo, é a realización persoal, á que podemos chegar pola cultura”.


Dos seus anos de traballo a beira de Fidel, Prieto escolle a memoria de  1993. “Un ano durísimo, co a fundimento do transpore urbano, a oferta alimentar en mínimos, con recortes gravísimos en todas as áreas e como decia o comentario popular con alumbrones, no canto de  apagones, a causa do derrube da produción eléctrica. Foi na verdade un momento moi difícil. Xusto nesa altura, no  Congreso da UNEAC, Fidel dixo: “a cultura é o primeiro que hai que salvar”. Nun momento do Período Especial  no  que non había combustíbel e faltaban alimentos, él destacaba a cultura como o máis importante. Claro que no falaba da cultura das artes e das letras. El estaba a referirse a un concepto de cultura totalizador, que ten que ver coa nación, coa identidade, co que somos como cubanos, co destino do noso pobo, da nosa historia, da nosa loita pola emancipación. Eis a trascendencia que el daba á cultura; para él a cultura define o valor da persoa”.

Para ilustrar o poder transformador da cultura, o exministro cita o exemplo das escolas para adolescentes que cometeran delictos, coñecidas como escolas de cultura. “A mocidade en situación crítica, recibe unha educación dirixida a reiserción social, pois coidamos que todo o ser humano ten salvación; mesmo nas cadeas, que en moitos países non pasan de armacén de xente descartável, nós defendemos a formación cultural con teatro para reclusos, debates sobre literatura etc. Fidel estaba convencido de a cultura determinar a compoñente moral do ser humano e a capacidade de convivir en paz para superar eventuais comportamentos marxinais”.

Abel Prieto coida que se algo caracteriza a cultura cubana é a súa liberdade absoluta. “Liberdade para investigar e comprender plenamente os nosos problemas. Falamos por exemplo do cinema cubano, que non foi concibido como arte de propaganda, mais si como arte para probar e desenvolver a compoñente crítica e dotarnos de criterio para resolver o nosos problemas cotiáns mediante a comprensión. O filme Fresa e Chocolate, por exemplo, axudou a combater os prexuízos contra a homossexualidade, xerando moitos debates en defensa da cubanía e axudando a modificar prexuizos”.

Para os que pensan que o bloqueo renovado pode crebar a resistencia dun pais, Prieto opina que a mesma superación histórica das tentativas de asfixia, representan unha cultura de resistencia na que é posibel encontrar respostas aos problemas. “Tal e como facemos dende hai 60 anos: reparemos  na nova Constitución que foi masivamente respaldada e o apoio á dirección histórica de Fidel, Raul, Ramiro e tantos outros que asaltaron Moncada ou combateron na Sierra Maestra; tanto coma o respaldo a nova dirección presidida por Diaz-Canel, con cadros mozos e capaces para ocuparen cargos de moita responsabilidade, traballando duro día e noite, pondo o pobo como centro do seu esforzo”.

Na entrevista para o Diario de Notícias, o Deputado do Poder Popular negou que o pobo de Cuba estivese de ánimo suspenso fronte a ameaza dun novo Periodo Especial e asegurou que o pais dispuña de novos recursos e certezas ao cabo de moitos anos de Bloqueo. “Nomeadamente un manifesto apoio popular a direción do Goberno e do Partido, do que é expresión o apoio do 86% do censo ao renovado proxecto político. O estado anímico do pobo de Cuba non é o de persoas asustadas”.

En París, na Festa de L´Humanité, entrevistado para Prensa Latina por Waldo Mendiluza,  Abel Prieto dixo que o goberno dos EUA pretende acabar co multilateralismo sen preocuparse polas consecuencias. “Vemos que a administración de Trump liquida o que significa a ONU e os esforzos para construir un planeta en paz, conseguintes á traxedia da Segunda Guerra Mundial. “Trump despreza principios básicos coma o respecto necesario aos asuntos internos de cada pais e a solución pacífica de diferencias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *