Iroel Sánchez – La pupila insomne
Recoñecendo Barack Obama, decembro pasado, o aillamento do seu governo por mor do Bloqueo a Cuba, era razón esperar o apoio de EUA á resolución presentada por Cuba na ONU para sancionar o estado de sítio. Algúns adiantaran que Cuba non proporía máis dita resolución. Como foi logo posíbel, que de 188 paises a prol da moción cubana de condena ao Bloqueo, en 2014, pasásemos a 191? Salvando EEUU e Israel, xa non queda un só membro de Nacións Unidas sen condenar o cerco Cuba. O mérito é de Obama e de quen o acompaña nunha política que, no canto de avanzar decididamente cara a liquidación do Bloqueo, que lle permite a Lei, con algunhas excepcións que só pode modificar o Congreso, prefire ditar en dúas ocasións (16 de xaneiro e 18 de setembro) medidas de mínimo alcance que como expresou o chanceler cubano Bruno Rodríguez na ONU: “Aínda que positivas, só modifican de forma moi limitada algúns elementos da aplicación do bloqueo”.
Como sinalou Bruno Rodríguez, nas condicións actuais, as moi publicitadas medidas fanse impracticabeis senón son acompañadas por decisións, que non dependen do Congreso e que Obama pode adoptar, como permitir a Cuba exportar e importar produtos e servizos cos Estados Unidos; utilizar o dólar estadounidense nas súas transaccións financeiras internacionais, e operar contas nesa moeda en bancos de terceiros países; así como ter acceso a créditos e finanzamentos de entidades privadas e das institucións financeiras internacionais.
Mesmo a proclamada intención de Washington de aumentar a súa influencia en Cuba a través das telecomunicaciones e as viaxes non turísticas de cidadáns norteamericanos, chocou coa súa propia política cando, como argumentó o Ministro de Relacións Exteriores cubano, desde EEUU retívose o primeiro pago da compañía Sprint para iniciar as chamadas telefónicas directas entre ambos países, e varias transferencias bancarias á Illa pola operación de voos contratados tamén foron bloqueados.
Cun proceder que parece buscar votos a prol da resolución cubana, a semana pasada o goberno estadounidense aplicou unha multa de 1.116 millóns de dólares ao banco francés Credit Agricole por realizar transaccións financeiras con Cuba. Aínda por riba, un último esforzo do goberno norteamericano logrou se cadra sumar o apoio dalgún indeciso, cando a intervención do representante estadounidense ante a ONU para explicar a solitaria postura do seu goberno, adoptou un ton de velada ameaza ao expresar: “Se Cuba coida que este exercicio vai avanzar na dirección expresada polos dous gobernos, trabúcase”.
O resultado está á vista. Quen sabe se a mediática dirixéncia dos EUA coidou que enviando altos funcionarios á Habana para lle explicar aos cubanos o que deben facer, recibindo na Casa Branca ao Boa Vista Social Club e sorrindo á beira de dirixentes cubanos, van convencer ao mundo de que están a desmantelar o bloqueo, por moito este ser máis intenso que nunca contra Cuba e manter intacta a súa extraterritorialidade, que afecta ata aos propios aliados de EEUU.
“Non debemos confundir a realidade cos desexos nin as expresións de boa vontade. En asuntos como estes, só pode xulgarse a partir dos feitos”, dixo o canceler cubano. Este 27 de outubro na ONU, impuxéranse os os feitos máis unha vez. A votación probou que, lonxe de debilitarse coas que Cuba cualificou de moi limitadas medidas adoptadas por Washington desde o 17D até hoxe, medra o illamento estadounidense na súa política de bloqueo contra a Illa.