Arquivo da etiqueta: Congreso

A Casa Branca usa o Bloqueo como recurso contra a maioría anti-cubana do Congreso

G. Luca – Terra Sen Amos

A presidencia norteamericana di que o Bloqueo é absurdo, e ao tempo eleva a máximos históricos as multas por comerciar con Cuba. Todas as forzas comprometidas no remate do inhumano e interminábel cerco contra o povo cubano, denuncian a incoheréncia mentres os republicanos de Washington ven no dobre discurso de Obama un recurso do presidente contra a maioría do Congreso, contraria á apertura con Cuba. A Casa Branca procura mover a opinión dos grupos de presión mediante un aumento extraordinário de sancións contra empresas de todo o mundo por comerciaren con Cuba. A banca francesa BNP Paribas foi obrigada a pagar 6.500 millóns de euros a Estados Unidos por ter servido de intermediaria financeira coa administración cubana; de a pouco, o banco Crédit Agricole recibiu unha sanción de 694 millóns de euros por admitir un pago en dólares dende Cuba. O peso da Lei Helms-Burton caeu tamén sobre Banca Morgan, por unha imputación semellante e contra innúmeros provedores. Tres meses antes do histórico anuncio de 17 de nadal de 2014, o presidente estadounidense renovara a inxeréncia contra Cuba ao amparo da Lei de Comercio co Inimigo, de 1917. Obama repite de feito un esquema clásico da coerción imperial norteamericana no que obriga a convivir a reconciliación formal coa dilación, a escalada e o ultimato, como sucedeu por acaso cos criminais Bombardeos de Nadal contra Vietnam do Norte en 1972, cando xa o FNL fora invitado ao diálogo constructivo. Disparando con multas contra os grupos de capital da maioría republicana do Congreso, Obama agrava o Bloqueo e agranda o aillamento de EUA denunciado por Kerry, que presuntamente debería remediar o cambio da política para Cuba.

Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA en decembro de 2014.
Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA,  decembro de 2014.

Seguir lendo A Casa Branca usa o Bloqueo como recurso contra a maioría anti-cubana do Congreso

EUA traballa polo seu propio aillamento

Iroel Sánchez – La pupila insomne     
Recoñecendo Barack Obama, decembro pasado, o aillamento do seu governo por mor do Bloqueo a Cuba, era razón esperar o apoio de EUA á resolución presentada por Cuba na ONU para sancionar o estado de sítio. Algúns adiantaran que Cuba non proporía máis dita resolución. Como foi logo posíbel, que de 188 paises a prol da moción cubana de condena ao Bloqueo, en 2014, pasásemos a 191? Salvando EEUU e Israel, xa non queda un só membro de Nacións Unidas sen condenar o cerco Cuba. O mérito é de Obama e de quen o acompaña nunha política que, no canto de avanzar decididamente cara a liquidación do Bloqueo, que lle permite a Lei, con algunhas excepcións que só pode modificar o Congreso, prefire ditar en dúas ocasións (16 de xaneiro e 18 de setembro) medidas de mínimo alcance que como expresou o chanceler cubano Bruno Rodríguez na ONU: “Aínda que positivas, só modifican de forma moi limitada algúns elementos da aplicación do bloqueo”.vvote
Seguir lendo EUA traballa polo seu propio aillamento