Terra Sen Amos –Axencias
Ainda que anunciado, o trebón superou o que os moradores de Havana previan, depois de o Instituto de Meteoroloxia adiantar que no abrente formárase ao sueste do Golfo do México unha tormenta tropical acompañada dunha fronte fria coa ameaza dunha linha de tempestades elétricas que, movidas pola fronte do Leste, poderian interferir a vida na parte oeste do país. Acostumada a esta caste de avisos da sobresainte predicción cubana, a poboación non tomou conciencia da insólita forza do que viria depois das oito do serán, xa a sol posto. Comezou a tremer a capital co estrondo dos ventos, nunha refolada atrás da outra que empoleiraban tellados e fiestras e alzaban postes de luz nun abalo de forza que sementaba alertas de Luyanó, no medio do desconcerto e temor causado pola escuridade e o os latidos do do vento, coas sirenas das ambulancias no fondo.
O trebón roubou catro vidas e encarnizouse con árbores, tellados e postes.
Catro persoas perderon a vida na tormenta e cento noventa e cinco resultaron feridos de consideración. Os danos materiais de maior importáncia están nos concellos de Diez de Octubre, Regla, Guanabacoa e San Miguel, en 11 instituciones de salud mentres a situción máis grande está no Hospital Materno Hijas de Galicia, do que houberan de transladar 196 pacientes das que 18 xa están de alta nos seus fogares. O ministro da Construcción, René Mesa Villafaña, confirmo que os danos materiais maiores foron en teitumes de vivendas. Até o de agora, o número de casas afectadas ascende a 1.238, das que 123 son derrumbes totais y 625 parciais; 224 casas perderon completamente o teito e 124 parcialmente.
Martes estaba previsto o reinicio das clases en todos os centros.