Rosa Miriam Elizalde – La Jornada
Hai pouco máis dun ano, a Universidad de Ciencias Informáticas (UCI), da Habana deu os resultados dun estudo sobre as interaccións en Twitter de 105 organizacións políticas de América Latina e o Caribe, e de 139 líderes da rexión vencellados ao Foro de São Paulo. Nun diagrama probou que as relacións entre eles apenas existen ou son moi febles, caso de se daren.A nova é pésima,mais non sorprende. A a esquerda afíxérase de vagar aos códigos da prensa escrita, da radiodifusión e a TV, pero a realidade líquida de internet escóalle entre os dedos. Non se comprende ou se subestima o comportamento dos novos suxeitos políticos, nunha era na que a rede permitiu agrupar a xente que tiña vedada a palabra pública, para ben e para mal.
Internet podía ser un punto de apoio
para o cambio no discurso político e o proceso parecía estar en marcha na
década do 80, cando a academia e as iniciativas cidadás imprimíronlle un carácter
descentralizado, horizontal, aberto. Mais agora, excepcións aparte, produciuse
un xiro á dereita, reforzado pola estrutura actual da rede, altamente
centralizada, onde as decisións sobre o que se lé, se consome ou se debate
quedaron en moi poucas mans.
Un estudo da Universidade de Oxford revela que en Alemania Alternative für Deutschland (AfD) de dereita, ten máis tránsito de Twitter que calqueroutro partido alemán e moitos dos seus seguidores non esconden a súa devoción por Hitler. Procesos semellantes danse por media Europa. Logo da Segunda Guerra Mundial e antes das plataformas sociais, ningún nazi ousaba declarar nunha praza pública que o era, tanto coma os antivacunas ou os que defenden que a Terra é chá.
Semella que avanzamos cara a un momento de barbarie que ofrece capacidade de
reunión e, nomeadamente, de organización ao salvaxe Oeste dos sitios de redes
sociais, sometidos a lóxicas publicitarias, manipulación das emocións e
algoritmos opacos. Nesas zonas de ira e violencia simbólica, o suxeito político
é remprazado pola industria da difamación en liña.
O doutor Robert Epstein,
investigador de The American Institute
for Behavioral Research and Technology (Instituto Norteamericano de
Investigación del Comportamiento y la Tecnología) de California, probóu
documentalmente que case un 2 % das eleccións nacionais do planeta son decididas
por Google. Él e Ronald E. Robertson, inventaron a expresión efecto manipulador dos buscadores (SEME, polas súas siglas en
inglés), que explica como se pode decantar o voto de indecisos en función dos
resultados que ofrecen os buscadores. Nalgúns grupos demográficos, até un 80
por cento dos votantes pode cambiar as as súas preferencias electorais, aseguran
Epstein e Robertson.
Nas eleccións presidenciais de Brasil
en 2018, a combinación perfecta de uso extensivo dos medios sociais a beira
dunha campaña repleta de notícias falsas outorgou unha vitoria sobrada a Jair
Bolsonaro. Os brasileiros non votaron
polo candidato machista e homofobo por consumiren información falsa a través Whatsapp ou Facebook, senón que crían na información manipulada porque eran da ideoloxía
de Bolsonaro, unha diferenza que non convén esquecer. Con Donald Trump en 2016
pasououtro tanto. A xente xa non busca noticias para informarse, senón para
corroborar as súas opinións. Por iso boa parte dos votantes de Trump infórmanse
só a través de Fox News, porque
atopan coincidencia, corroboración e complementariedade entre o que creen e o
que di Trump, logo confirmada por un medio, advirte nunha das súas conferencias máis
citadas o sociólogo catalán Manuel Castells.
A dereita milita en rede
A dereita milita, actívase e
constitúese en rede. Mentres Internet sexa un arrabaldo que sabemos que existe,
pero non visitamos ou, peor, utilizámolo só para dicir e non para dialogar e
persuadir, a esquerda estará perdida no novo territorio onde máis do 70 por
cento dos mozos de entre 16 e 30 anos en América Latina, ten seu primeiro
contacto coa información. A penetración media de Internet na rexión é 13 puntos
superior á global, cun 67%, e o número de usuarios ascende a case 440 millóns.
Somos o continente que máis tempo lle dedica a Facebook, Instagram, Whatsapp e
Youtube.
Se neses territorios hai cidadáns, haberá política; mayoritariamente de dereita, pero política, que non podemos liderar con crítica moral e ética, por moito que esteamos no lado correcto da Historia. Góstennos ou non, as plataformas sociais dixitais están, cada dia máis, presentes nas nosas vidas en nun espazo de debate no que son precisas respostas versátiles, de alta complexidade e consisténcia.
Onte comezou en Caracas a XXV edición do Foro
de São Paulo, que xa inclúe a Comunicación
entre os seus debates principais. Se queremos que a rede teña presenza na
esquerda e voz dominante contra a inxustiza, o desamparo, o aborrecemento e a
desidia, cómprennos líderes e movementos mellor conectados. Para termos democracia
e non esterqueira, como pedía Paco Ignacio Taibo II nestas mesmas páxinas hai uns
días. Que asi sexa para todas, era ben tempo.