Iroel Sánchez – Cubadebate
Por moito que non o vaia contar a revista Time, Maduro é o home do ano. Dirixiu a resistencia a unha das maiores ofensivas imperialistas da historia: súa foi a iniciativa e mantivo a unidade das forzas revolucionarias internas e as alianzas internacionais a prol do multi-lateralismo, a soberanía e os intereses populares.
O dia 4 de xaneiro de 2019, os gobernos do hoxe en manifesto
debalo do Grupo de Lima anunciaban
que a partir do 10 dese mesmo mes, – deixarían de recoñecer ao goberno
bolivariano como o representante do pobo venezolano. Nesa data, logo de gañar
unhas eleccións con participación e maioría superiores ás que obtiveran os
líderes que o cuestionaban, Nicolás Maduro sería proclamado Presidente de
Venezuela.
A partir dese momento, os ataques,sancións e declaracións
contra o goberno de Maduro chegaron de arrebato e sen descanso, de man alzada
do goberno dos EUA, nas voces do seu presidente, vicepresidente, secretario de
Estado e Conselleiro de Seguridade Nacional.
O recoñecemento, prestado por Washington e un grupo dos
seus aliados, a un presidente auto-proclamado en oposición a Maduro, máis as
sancións económicas, que implicaron dende a confiscación de fondos do Estado
Venezolano depositados nos EUA, Latinoamérica e UE, por miles de millóns de dólares, até o cerco
do comercio e finanzas bolivarianos en todo o mundo; as teimudas conspiracións contra
os militares para armar un golpe de Estado, a falsificación por sistema de toda
información referida ao pais, conforman un escenario no que se empregaron todas
as armas da guerra de cuarta xeración.
O punto culminante foi o plano para violar as fronteiras
venezolanas desde Colombia e Brasil combinando o uso da violencia e a presunta
entrega dunha axuda humanitaria sen contar coas autoridades do país, a fabricación
de incidentes para culpar deles ao goberno bolivariano, un concerto con cabezas
das listas comerciais da música latina e a presenza alí de varios presidentes
latinoamericanos xunto ao senador cubano-americano Marco Rubio, que tuiteaba alporizado
imaxes do descuartizamiento do líder libio Gadaffi. Un mes despois, a sabotaxe
ao sistema eléctrico nacional que deixou sen electricidade todo o país durante días.
É pola magnitude deses feitos e desafíos que compre medir o éxito de Nicolás Maduro:
1. Logrou manter a unión cívico miltar e multiplicar as
milicias populares que suman xa tres millóns de membros.
2. A produción petrolera empezou a recuperarse logo de
caer a 700 000 barrís diarios, superando o millón cen mil, ao que se suma un
incremento substancial nas exportacións de ouro.
3. A oposición atópase hoxe máis dividida que nunca, con varios
deputados opositores que acusan de corrupción ao autoproclamado presidente interino. Unha parte
importante deles sumouse a un acordo co goberno para estabilizar políticamente
o país.
4. A situación de violencia, desabastecimiento, grandes
colas e hiperinflación galopante foi superada, e o país, aínda con grandes
dificultades, vive nun ambiente de estabilidade.
5. A crise do neoliberalismo sacou ás rúas grandes protestas
en Ecuador, Chile e Colombia, países que se sumaron ao cerco liderado por
Washington contra Venezuela.
6. O golpe de Estado en Bolivia é una licción para as esquerdas
da necesaria unidade das forzas revolucionarias asi como de resistir a
tentación de facer ningún xénero de concesións aos peóns de Washington.
7. Dende a celebración en xullo do Foro de Sao Paulo en Caracas, Venezuela lidera un proceso de concertación de forzas de esquerda en Latinoamérica e máis alén, que está rearticulando movementos sociais e forzas progresistas, cuxo máis recente resultado é o lanzamento dunha Universidade Internacional da Comunicación para dotar aos comunicadores de base das ferramentas tecnolóxicas e cognitivas para a loita ideolóxica dos nosos días.