A solidariedade con Cuba recordou en Vigo o “Dia da Rebeldía Nacional”

Lina Lobeira – Terra Sen Amos

O Dia da Rebeldía Nacional cubana foi comemorado en Vigo domingo 26 de mañá diante da estatua de Martí, no centro dos xardíns de Montero Ríos. As limitacións legais impostas pola pandemia reduciron o programa previsto pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil a unha ofrenda floral aos pés da figura do Apóstol da independencia de Cuba. No entanto, na outra beira do poderoso e largacío Alisio, en Santiago de Cuba, unha multitude en orde renovaba a fazña de Moncada, que deu orixe á Revolución.

Erea del Rio, presidenta da Francisco Villamil, e membros da Directiva, honraron Moncada ao pé do Apóstol en Vigo, en representación da solidariedade con Cuba en Galiza..

O acto de Vigo representaba a solidariedade con Cuba de todo o pais, a medio da Francisco Villamil, coutada polo andácio do Covid-19, e lembraba que chea de forzas e de enerxías renovadas arriba a Revolución Cubana ao aniversario 67 dos feitos do Moncada; nun ano de bloqueo escarncido, cargado de retos e tensións ao que cómpre engadir o desafio da pandemia que o goberno revolucionario enfronta cunha eficiencia a altura do seu exemplar sistema de asistencia sanitaria pública, tanto na illa coma na actuación solidaria internacional que beneficia a a 27 paises.

Yahima Martínez Millán, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e Astúries, agradeceu na ocasion a iniciativa da solidariedade para rememorar o Dia da Rebeldia.  Reproducimos a seguir seu escrito de conmemoración: O asalto ao cuartel de Moncada e

“Hai 67 años, a inmensa maioría dos cubanos sumouse á causa encabezada por un líder que alzaba a verdade como principal arma fronte os inimigos do seu pobo”.

O acto de Vigo representaba a solidariedade con con Cuba de todo o pais, a medio da Francisco Villamil, coutada polo andácio do Covid-19, e lembraba que chea de forzas e de enerxías renovadas arriba a Revolución Cubana ao aniversario 67 dos feitos do Moncada; é un ano cargado de retos e tensións ao que cómpre engadir o desafio da pandemia ao que o goberno revolucionario está a responder á altura do seu exemplar sistema de asistencia sanitaria pública, tanto na illa coma na actuación solidaria internacional que beneficia a a 27 paises.

Yahima Martínez Millán, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e Astúries, agradeceu na ocasion a iniciativa da solidariedade para rememorar o Dia da Rebeldia.  Reproducimos a seguir o seu escrito de conmemoración:  

“Hai 67 años, a inmensa maioría dos cubanos sumouse á causa encabezada por un líder que alzaba a verdade como principal arma fronte os inimigos do seu pobo”.

“O asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes,abriu a etapa final que culminou no triunfo revolucionario do primeiro de xaneiro de 1959, cando se eliminaron, de raíz, todos os males que denigraban á República. Foron múltiples os heroes que acompañaron a Fidel nesta xesta, entre eles Raúl, Almeida, Celia, Haydee, Melba. Desde ese momento, temos sido un símbolo na defensa da independencia nacional, da xustiza social e da solidariedade internacional”.

“Longo foi o camiño e grandes os sacrificios. Moitos caeron no camiño, pero é precisamente isto o que nos fai máis fortes e o que nos impulsa a non fraquear no noso empeño de construír unha patria mellor, aínda cando o criminal bloqueo imposto polos Estados Unidos durante 60 anos se agudiza cada vez máis, chegando a extremos insólitos. Desde o comezo do goberno de Donald Trump, téñense tomado medidas que perseguen asfixiar definitivamente a Cuba e a outros países símbolos de independencia nacional, como Venezuela e Nicaragua”.

“Nin sequera durante a pandemia, Estados Unidos se detivo no seu acoso ao noso país e impulsou unha campaña que intenta desacreditar a colaboración médica cubana no mundo. En intres en que os países deberían antepoñer a solidariedade, a cooperación, o diálogo ás diferenzas e os conflitos políticos, Estados Unidos fixo todo o contrario reforzando o bloqueo imposto ao noso país. Por iso resulta dobremente meritorio que teñamos superado con éxito a pandemia”.

“Foron meses moi difíciles, aínda que con un efecto diametralmente distinto ao que esperaban os nosos inimigos, que soñaban con que reinaría o caos e que as mortes por coronavirus inundarían as nosas rúas. Ben o dixo o Primeiro Secretario do Partido, Raúl Castro Ruz “non coñecen ben ao noso pobo, os que dubidan da nosa capacidade de crecernos até a altura que demanda cada reto.”

“A resposta sanitaria de Cuba sorprendeu aos nosos detractores que non cren como o noso país está a saír airoso do enfrontamento á pandemia, con un 94% de recuperación do total dos casos afectados. Todo isto, reflexo da vontade política do noso goberno e o Partido, que reúnen a todos os organismos, institucións e sectores, nun traballo de participación social”.

“Cuba tamén ondeou a bandeira da solidariedade internacional. Médicos e enfermeiros cubanos loitan contra a pandemia en países do Caribe, África, Europa e Medio Oriente. Enfoque solidario que tamén demostramos na atención ao transatlántico británico M.S Braemar, en momentos en que a axuda lle fora negada por outras nacións”.

“Agora, seguimos loitando para asegurar a substentabilidade e o progreso, nun proceso de absoluta continuidade. Traballamos intensamente por facer máis eficiente, xusto e democrático o noso socialismo, nun contexto no que os recursos non abundan. “Así ten sido durante 60 anos, de esforzo sostido de todo o país para vencer as dificultades e seguir adiante, e así terá que ser”, pois a persecución dos EEUU non parece ter fin”.

“Pero ao igual que aconteceu o 26 de xullo de 1953, o noso pobo non se rinde e é deber de cada un de nós non deixarnos aplastar polas dificultades, por grandes que poidan semellar”.

“Como expresara o Primeiro Secretario do PCC, Raúl Castro Ruz “Enfrontamos os duros primeiros anos do Periodo Especial e saímos adiante. Entón dixémolo e repetímolo con máis razón hoxe: Si que se pode!”

!Viva a Revolución Cubana!”

“Viva a amizade entre os pobos de Cuba e Galiza!”

Italia alumea a histórica Mole Antonelliana para dar grazas a Cuba

Giancarlo Nivardi – Torino

O monumento que Italia alumea somentes nos grandes acontecementos nacionais, foi acendido na noite do dia 21 en hora da brigada médica Henry Reeve e de Cuba, como expresión de obriga pola asistencia á castigada rexión do Piamonte no andacio da COVID-19.  Un enorme Grazie Cuba! acompañado dun  corazón e da bandeira da illa solidaria, ilustraban a cúpula da Mole Antonelliana de Torino fulxente coma un facho baixo os focos. A iniciativa foi do concello de Torino coa colaboración da Axencia para o Intercambio Cultural e Económico con Cuba (AICEC)  

É a primeira vez que a Mole Antonelliana arde en luces en nome dun pais extranxeiro.

O acendido da Mole Antonelliana en homeaxe ás brigadas médicas cubanas, é un feito insólito pois é a primeira vez na historia que o símbolo de Torino e emblema de Italia rende honras a un país extranxeiro.

Italia, coa segunda colonia de emigrantes históricos nos EUA, vive con anguria a caótica política da Casa Branca para responder á Pandemia, e en especial o debezo de Trump de facerse coa patente dunha vacina mentres rapina material médico básico en todo o mundo, compra unha empresaa suiza de ventiladores pulmonares para podérllelos bloquear a Cuba ou nega a letalidade da Covid-19.

As galas luminosas da Antonelliana en lembranza agradecida a Cuba, ocuparon a apertura de todos os telexornais de Italia e foi mención en todos os diarios de Italia, mentres o departamento de Estado de Washington inventa novas categorías de inimigo da humanidade e do império para llas pendurar a Cuba.

MÉDICOS DE CUBA PARA A UE EN ESTADO DE EMERXENCIA

Horas máis tarde, o presidente Diaz Canel recibia con parabéns na Habana aos 38 facultativos médicos cubanos, integrantes da brigada do Continxente Internacional de Médicos Especializados Henry Reeve para Situacións de Catástrofe ou Andacios. O doutor Guerra Izquierdo, xefe da brigada, dixo que na súa experiencia esta fora a máis complexa brigada internacionalista. Lombardía era segunda región más afectada Italia e representou un desafío que foi superado. Foi esta a primeira ocasión na que as brigadas médicas cubanas intervían no Primeiro Mundo, nun dos paises fundadores da CEE.

«O feito de ter salvado 170 vidas e reducir os índices de letalidade, significou moito – dixo Guerra Izquierdo no aeroporto da Habana-. Chegados a Torino, a rexión do Piamonte era a terceira máis afectada de Italia, e, de a pouco, pasou a ser segunda. O panorama era arrepiante porque podíamos sentir medo no pobo; dende que chegamos, a xente aplaudíanos nas rúas o que representaba para nós un desafío. Os resultados positivos chegaron de dia en día e finalmente a misión foi un éxito”.

Guerra Izquierdo contou que todos os pacientes atendidos pola brigada, una vez recuperados deixaron una carta manuscrita de agradecimiento a Cuba aos seus médicos. “Esas cartas veñen nos nosos corazóns”, dixo.

A prensa italiana contóu que os 38 brigadistas de Cuba levaron a cabo un traballo eficiente, organizado e intenso, durante tres meses, cos pacientes ingresados nun hospital improvisado pola administración do Piamonte. Alí, asistiron a tres mil doentes –177 de gravidade extrema– con 5.000 atencións hospitalarias  e máis de 81.000 consultas de enfermería.

Fidel Castro en Galiza

Hai 28 anos, Fidel visitóu a casa familiar en Armeá (Láncara)
Moncho Fernández LealAgrupación Xosé Velo-A Nosa América

Neste mes de xullo, cumprense 28 anos daquela visita. Nun verán marcado nos medios informativos polas Olimpíadas de Barcelona, Fidel Castro visitou a nosa terra.

Dende que o recibiu Manuel Fraga, presidente da Xunta, comezou unha actividade tan frenética coma a vida que sempre levou. Gabriel García Márquez, gran amigo íntimo de Fidel, dicía que nunha ocasión lle preguntou por algo que non fixera e que lle gustaría ter feito, e Fidel contestouo que botaba de menos parar nunha esquina a ver a vida pasar, sen quen ninguén o recoñecese.

Un grupo de persoas do Baixo Miño acudimos  a Compostela a recibir a Fidel. Había unha recepción no Hotel Araguaney, organizada polo Concello de Oleiros, ao que asistiron personalidades e representantes de organizacións sociais diversas. Eu non estiven, pero contáronme que falando o comandante, parou a beber auga e dixo que, ás veces, bebía por sede, outras, coma esta, porque estaba emocionado. As rúas estaban ateigadas e había euforia colectiva, a que se dá nas grandes ocasións.

Ao día seguinte na praza do Concello de Lugo estabamos tamén un grupo grande de persoas. Alguén dixo que viñan contras. Coma tantas veces, o rumor non era certo. Era un autobús que chegaaba de Asturias, cheo de xente con música. Falou Fidel saudando e houbo cancións e berros de apoio.

De alí fomos a Láncara, a visitar a casa natal do seu pai. Houbo baile espontáneo. Lembro como Fidel tocou as tellas daquela casiña.

Foi un xantar de feira galega: polbo, empanada, sardiñas, pementos. Moita calor. Moita xente. Preto de nós estaba o correspondente dun importante xornal de liña anticubana, caladiño cun prato de polbo. Tentoume dicirlle algo, pero non o fixen. O protocolo.

Atopámonos persoas coñecidas e coñecemos a outras. Había a complicidade de saber estar vivindo un momento historico. A figura de Fidel era, é, un mito da nosa vida, da loita mundial. O máximo representante da Revolución cubana, un dos fitos transcendentais  e sorprendentes da historia do século XX. Sabíamos del dende a infancia, na adolescencia e no mundo adulto. Para moitas persoas da miña xeración e de moitas xeracións, a figura  representa unha victoria épica.

A primeira vez que escoitei o seu nome foi á miña avoa. Para que me mantivera ao seu carón e non me perdera na festa de Santa Margarida da Coruña, quixo meterme medo de que, se non estaba atento, levaríame Fidel Castro. Xa me pareceu que tiña o atractivo do prohibido.

Tempo despois souben da “Operación Peter Pan” que a CIA, en colaboración coa Igrexa católica española, levou a cabo en Cuba. Nesa campaña falaban de que as crianzas cubanas serían secuestradas polos soviéticos para seren unha especie de escravos ao servizo do comunismo. Iso que agora dá a risa, significou que ducias de familias levaran aos seus descendentes a Miami e as familias quedaron separadas. Toda a historia está documentada; contoumo un daqueles nenos, Andrés Gómez, militante solidario coa Revolución en Miami.

Máis adiante, xa en Vigo e na adolescencia, xuntabámonos no barrio arredor dunha fogueira a cantar e a beber, as primeiras veces das nosas vidas. Naquelas cuadrillas nas que os maiores falaban para os pequenos aprenderen, canturreabase “Cuba si, ianquis non”. Fidel, Che a revolución cubana eran historias que se contaban.

Eses días de visita de Fidel foron un éxito da diplomacia cubana, que lograron salvar o cerco que o bloqueo de EUA lle viña impondo e lle sigue a impoñer dende hai tantos anos. Mesmo alguén tan paradigmático no mundo da reacción e do inmobilismo coma Manuel Fraga fixo  naquela visita declaracións en contra do bloqueo a Cuba.

Para moitas persoas que convivimos esas dúas xornadas significou unha lembranza das de recordar co paso do tempo. Nin máis nin menos que Fidel Castro na nosa terra, o comandante guerrilleiro de Serra Maestra na terra do seu pai. Historia pura.

Perden as aves de mal agoiro sobre a pandemia en Cuba

Mentres EUA arrecia o bloqueo e a campaña de calumnias contra Cuba, sábado 18, o goberno informóu dun só novo caso de Covid-19, para un total de 2.446 dende marzo pasado; catro altas médicas e ningún falecimento por séptimo día consecutivo.

Teresa Melo – Cubadebate

Arestora que Cuba andianta medidas (pensadas, estudadas, debatidas, fundamentadas) para volvermos a vida cotián (que non vai ser para nada semellante a denanterior) teremos que separar  a fariña preciosa da experiencia do farelo baldío.

Dende 11 de marzo, día no que confirmaran os tres casos primeiros da COVID-19 en Cuba, millentas mentes, corazóns e mans bourearon no traballo por conter a pandemia; rosmaron (ou seguiron) os mixiricas, as aves de mal agoiro, os repugnantes e os que gabean polo seu ego; académicos de choupana, miñasxoias de nicho alleo, resentidos e queimados; profetas da desgraza, mercenarios da palabra, capadores da honra allea, economistas de penico sen librar; remediadores ignorantes e vendidos; os que, aberta ou taimadamente, non queren a illa dona de seu, senón de estrela en bandeira allea. E por riba,  todos eles, sen molestaren o dedo meniño para calquera traballo que non for o de bater teclas e para vender seu veleno baixo capa de mediciña.

Mal traballarían, nin por veren cumpridos seus consellos. Querian vernos arrasados polo andácio, mais é ben hora de asumiren que o tempo non lles deu razón. E desta andan a procura de misérias novas (ou recicladas) e xa pregoan que ha ser a fame a que nos derrube en mans da pandemia que azouta e azoutará o mundo inteiro.

No corazón desta ousadía está a faltar (pecado dos egos virtuais) a Alma Cubana, solidaria, inesgotábel. Iso non se dará nunca aprendido en chío nin gústame. Iso ensínao a vida.

“No Brasil está a ocorrer um genocídio!” (Frai Betto)

Bolsonaro proclamou que o modelo do seu amigo Trump contra a Pandemia é o melhor do mundo.

FREI BETTO, CARTA AOS AMIGOS E AMIGAS DO MUNDO:

No Brasil ocorre um genocídio! No momento em que escrevo, 16/7/2020, a Covid-19, surgida aqui em fevereiro deste ano, já matou 76 mil pessoas. Já são quase 2 milhões de infectados. Até domingo, 19/7/2020, chegaremos a 80 mil vítimas fatais. É possível que agora, ao você ler este apelo dramático, já cheguem a 100 mil.

Quando lembro que na guerra do Vietnã, ao longo de 20 anos, 58 mil vidas de militares usamericanos foram sacrificadas, tenho o alcance da gravidade do que ocorre em meu país (Brasil). Esse horror causa indignação e revolta. E todos/as sabemos que medidas de precaução e restrição, adotadas em tantos outros países, poderiam ter evitado tamanha mortandade.

Esse genocídio não resulta da indiferença do governo Bolsonaro. É intencional. Bolsonaro se compraz da morte alheia. Quando deputado federal, em entrevista à TV, em 1999, ele declarou: “Através do voto você não vai mudar nada nesse país, nada, absolutamente nada! Só vai mudar, infelizmente, se um dia partirmos para uma guerra civil aqui dentro, e fazendo o trabalho que o regime militar não fez: matando uns 30 mil”.

Ao votar a favor do impeachment da presidente Dilma, ofertou seu voto à memória do mais notório torturador do Exército, o coronel Brilhante Ustra.

Por ser tão obcecado pela morte, uma de suas principais políticas de governo é a liberação do comércio de armas e munições. Questionado à porta do palácio presidencial se não se importava com as vítimas da pandemia, respondeu: “Não estou acreditando nesses números” (27/3/2020, 92 mortes); “Todos nós iremos morrer um dia” (29/3/2020, 136 mortes); “E daí? Quer que eu faça o quê?” (28/4/2020, 5.017 mortes).

Por que essa política necrófila? Desde o início ele declarou que o importante não era salvar vidas, e sim a economia. Daí sua recusa em decretar lockdown, acatar as orientações da OMS e importar respiradores e equipamentos de proteção individual. Foi preciso a Suprema Corte (STF) delegar essa responsabilidade a governadores e prefeitos.

Bolsonaro sequer respeitou a autoridade de seus próprios ministros da Saúde. Desde fevereiro o Brasil teve dois, ambos demitidos por se recusarem a adotar a mesma atitude do presidente. Agora, à frente do ministério, está o general Pazuello, que nada entende de questão sanitária; tentou ocultar os dados sobre a  evolução dos números de vítimas do coronavírus; empregou 38 militares em funções importantes do ministério, sem a requerida qualificação; e cancelou as entrevistas diárias pelas quais a população recebia orientação.

Seria exaustivo enumerar aqui quantas medidas de liberação de recursos para socorro das vítimas e das famílias de baixa renda (mais de 100 milhões de brasileiros) jamais foram efetivadas.

MENOS IDOSOS, MÁIS RECURSOS

As razões da intencionalidade criminosa do governo Bolsonaro são evidentes. Deixar morrer os idosos, para economizar recursos da Previdência Social. Deixar morrer os portadores de doenças preexistentes, para economizar recursos do SUS, o sistema nacional de saúde. Deixar morrer os pobres, para economizar recursos do Bolsa Família e de outros programas sociais destinados aos 52,5 milhões de brasileiros que vivem na pobreza e aos 13,5 milhões que se encontram na extrema pobreza. (Dados do governo federal).

Não satisfeito com tais medidas letais, agora o presidente vetou, no projeto de lei sancionado a 3/7/2020, o trecho que obrigava o uso de máscaras em estabelecimentos comerciais, templos religiosos e instituições de ensino. Vetou também a imposição de multas para quem descumprir as regras e a obrigação do governo de distribuir máscaras para os mais pobres, principais vítimas da Covid-19, e aos presos (750 mil). Esses vetos, no entanto, não anulam legislações locais que já estabelecem a obrigatoriedade do uso de máscara.

Em 8/7/2020, Bolsonaro derrubou trechos da lei, aprovada pelo Senado, que obrigavam o governo a fornecer água potável e materiais de higiene e limpeza, instalação de internet e distribuição de cestas básicas, sementes e ferramentas agrícolas, para aldeias indígenas. Vetou também verba emergencial destinada à saúde indígena, bem como facilitar o acesso de indígenas e quilombolas ao auxílio emergencial de 600 reais (100 euros ou 120 dólares) por três meses. Vetou ainda a obrigação de o governo oferecer mais leitos hospitalares, ventiladores e máquinas de oxigenação sanguínea a povos indígenas e quilombolas.

Indígenas e quilombolas têm sido dizimados pela crescente devastação socioambiental, em especial na Amazônia.

Por favor, divulguem ao máximo esse crime de lesa-humanidade. É preciso que as denúncias do que ocorre no Brasil cheguem à mídia de seu país, às redes digitais, ao Conselho de Direitos Humanos da ONU, em Genebra, e ao Tribunal Internacional de Haia, bem como aos bancos e empresas que abrigam investidores tão cobiçados pelo governo Bolsonaro.

Muito antes de o jornal The Economist fazê-lo, nas redes digitais trato o presidente por BolsoNero – enquanto Roma arde em chamas, ele toca lira e faz propaganda da cloroquina, remédio sem nenhuma eficácia científica contra o novo coronavírus. Porém, seus fabricantes são aliados políticos do presidente…

Agradeço seu solidário interesse em divulgar esta carta. Só a pressão vinda do exterior será capaz de deter o genocídio que assola o nosso querido e maravilhoso Brasil.

Fraternalmente,

Frei Betto, dia 16/7/2020

Frei Betto é frade dominicano e escritor, assessor da FAO e de movimentos sociais. Publicou esta carta aberta, em 16/7/2020

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook