Information Clearing House – Terra Sen Amos
A organización británica Save the Children (STC) indica que tanto o coidado, coma a formación e protección da infancia en Cuba, garantida polo Estado Socialista, é a mellor de toda Latinoamérica e o Caribe. STC foi fundada en 1919 en Inglaterra, opera coma organización non gobernamental en todo o mundo e publica un informe anual construido sobre indicadores internacionais contrastados en 176 paises, de sobrevivencia infantil, educación, nutrición, defensa contra traballo de menores, violencia ou desprazamento. No inquérito de 2019, Cuba recibe, por terceiro ano consecutivo, o lugar de excelencia de Latinoamérica e Caribe.
Nancy Ramírez, directora do departamento de defensa legal da ONG, comentou que Guatemala era o pais do continente cos peores resultados do continente, seguida de Haiti, segundo o inquérito extraordinario sobre as condicións da infancia no mundo, publicado por Save the Children ao cumprir cen anos. Ramírez dixo que a violencia seguía a ser a primeira causa de morte de cativos en Latinomérica e o Caribe, con 70 vidas roubadas no último ano.
A asociacion STC é recoñecida internacionalmente polos seus programas voluntarios de saúde infantil, nutrición, atención en emerxencias, calidade educativa, dereitos de menores e erradicación da trata, explotación laboral infantil e o VIH/SIDA, entre outros.
A británica STC non fai senon sumarse ao acordo das organizacións internacionais sobre a excelencia de Cuba na atención médica, a educación en todos os niveis e nomeadamente no que se refire a poboación infantil. UNICEF salienta que Cuba é o único pais sen desnutrición infantil de América Latina. En Colombia, con gobernos asociados aos EUA, rexístrase unha morte por desnutrición cada 33 horas; en Guatemala, a metade da poboación menor de 5 anos padece desnutrición crónica.
A ausencia de meniños da rúa é outro dos feitos que fan de Cuba unha excepción na realidade de Latinoamérica. México por exemplo, con ben máis recursos ca illa, ten case 4 millóns de menores explotados.
A FAO identifica en Cuba o máis baixo índice estatístico de sub-nutrición, distante do de Haiti, por exemplo, con case o 52% da poboación afectada. A UNESCO sinala Cuba como único pais de América Latina que cumpre ao 100% o programa de Educación para Todos.