O escritor canadiano Arnold August pediu a solidariedade do Reino Unido para intensificar a loita contra o bloqueo unilateral imposto por EUA á Cuba hai máis de cinco décadas. “Once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo estadounidense”, dixo August perante a audiencia reunida no salón Bolívar desta capital, atendendo a convocatoria da Campaña de Solidariedade con Cuba no Reino Unido.
O xornalista canadiano Arnold August fala no seu último libro do sistema democrático cubano, mediante a comparanza co do Estados Unidos, o da Venezuela Bolivariana, o boliviano e o ecuatoriano. Cuba y sus vecinos. Democracia en Movimiento é unha investigación provocada polo éxito da versión inglesa dun seu libro anterior sobre as eleccións de 1997-98 en Cuba, recibido con moita curiosidade nos EUA, Canadá e Reino Unido, onde coidan que Cuba carece de eleccións. Arnold August é membro da Rede de Intelectuais, Artistas e Movimentos Sociais en Defensa da Humanidade e publica regularmente en Counter Punch, Global Research, Cubadebate e TeleSur. A seguinte entrevista procede do blog REDH-Cuba e foi traducida pola redacción de Terra Sen Amos.