Arquivo da etiqueta: Conta Solidaria

O Banco Financiero Internacional cubano abre unha conta para doazóns solidarias tralo paso do Irma

Terra Sen Amos

Ofertas de axuda de todo o mundo para colaborar no labor de reparación dos danos causados polo furacán Irma, decidiron ao goberno da Habana a abrir unha conta específica para doazóns en moeda convertibel. A conta está identificada co título HURACAN-DONACIONES, na sucursal do Banco Financiero Internacional situada no enderezo Calle 18 entre 1ra y 3ra, no municipio Playa da Habana. O número da conta é 0300000004978829. No entanto, dos catro recantos do mundo, chegan a Cuba ofrerecimentos solidarios, dende a primeira declaración de Rusia, interesada en aumentar os seus investimentos en Cuba, até o envio de material de emerxencia para reconstruir vivendas arrasadas polo temporal, da República Bolivariana de Venezuela e de Nicaragua. No resto de Latinoamérica, a reacción solidaria foi xeral, con declaracións que ultrapasan os oferecimentos materiais, coma a do presidente Varela de Panamá que fala da débeda moral do seu pais e de toda América con Cuba. En Asia sobrancea un importante envio  urxente da Corporación de Comercio e Investimentos do Vietnam e en Sudáfrica, a intensa campaña da Asociación de Amigos de Cuba. O paso letal do Irma renova a aclamación da Asemblea Xeral da Onu a prol de Cuba e contra o abuso e a inxerencia, coma a que nun mal paso ven de renovar o presidente Trump, horas antes de o furacán desbaldar Cuba e a seguir A Florida.  

Cartaz difundido polo goberno de Cuba para anunciar a apertura da conta solidaria.

A FRANCISCO VILLAMIL PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓNS POR CUBA

Conta solidaria para paliar os efectos dos furacáns

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ven de habilitar unha conta de solidariedade para recibir as aportacións voluntarias de as persoas que queiran colaborar coa reconstrucción das areas afectadas polos recentes furacáns que asolaron Cuba.

Campaña de doazóns por Cuba
Campaña de doazóns por Cuba

 

O Goberno da illa asistiu en tempo con recursos materiais das súas reservas aos territorios máis castigados polos furacán. Xunto destas asistencias materiais, manifestouse un exercicio da solidariedade popular que é unha das primeiras divisas da formación en Cuba dende os comezos da Revolución.

Ao tempo, gobernos, organismos e institucións de todo o mundo estableceron contacto para o envío de axuda urxente.

Dende Galiza, a “Francisco Villamil” invita a colaboración nos traballos de recuperación en forma de aportacións a unha conta na que a propia Asociación fixo un ingreso de 5.000 €, procedentes do traballo solidario da institución.

A conta esta residenciada en Caixa Galicia e ten o número:
2091 0374 37 3040006520

No rubro CONCEPTO debe especificarse: POR CUBA

Para máis información sobre a iniciativa pódese escribir ao correo da Asociación galegocubana@gmail.com