Cubadebate – (Edición e traducción da Redacción de TSA)
Raul recorda en Caracas que o compromiso internacional da Revolución Cubana comeza pola Patria Grande de Bolívar e Martí. Once presidentes dos EUA ofreceran rematar o Bloqueo a condición de Cuba renunciar ao seu proxecto dunha América anti-imperialista, mais a Revolución non cedeu pesia ter que pagar un prezo altísimo pola súa firmeza. No cúmio da ALBA-TCP, Raúl explica ao duodécimo presidente do Bloqueo que ningunha causa xusta da Patria Grande é allea a Cuba e adica un recordo especial a Venezuela, Brasil, Ecuador, Arxentina, Bolivia e Nicaragua.
“Vimos cumprir o mandado de Martí, da liberdade conquistada pola nosa man”. Raúl Castro levou ao Cumio da OEA a actualidade da longa batalla de Cuba pola soberanía e recordou a Barak Obama as fondas diferenzas políticas que os separan, coa predición de se manter no futuro nun desacordo tan grande coma a coheréncia e rigor ideolóxico da propia Revolución. En altura e dignidade de xefe de Estado que regresa para dar a OEA a coheréncia perdida por esta ao endosar durante anos o Bloqueo, Raúl renovou o compromiso universal de Cuba de diálogo e respecto mutuo. Tanto no contido anti-imperialista, coma na irónica reclamación da débeda forense da OEA por todos os anos nos que decretara o ostracismo para Cuba e a referencia de Martí e Bolívar como símbolos da liberación de América, o presidente cubano centróu toda a atención do Cumio. “Non volverán os tempos da alienación e da colonización”, avisou Raúl.
“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.
Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"