Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hillary Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.