Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.
A folga de fame de catrocentos presos durante máis de tres semanas na cadea californiana de Pelican Bay, deixou en evidencia que a tortura é unha norma no sistema penal dos Estados Unidos.
A protesta de Pelican Bay puxo en perigo de morte aos presos pero conseguiu dous obxectivos: romper o silezo da información dominante sobre o maltrato penal convertido en norma nos Estados Unidos e dobregar á administración penal federal nas demandas básicas da folga.
Canto ao impenetrabel telón da censura, a folga da super-cadea de Pelican Bay acabou na primeira plana do New York Times, despois dos presos entrar en estado crítico. Colin Dayan, profesor da Universidade Vanderbilt, contou nun artigo publicado neste diario que a reclusión de castigo en aillamento xa se convertira en ordinaria despois de o Tribunal Supremo dos Estados Unidos pór en dúbida dereitos fundamentais da poboación penal e admitir nas cadeas a existencia do monstro legal da “situación segregada” para os internos nas celas de castigo. Grazas ao Supremo, a administración penitenciaria deixou de render contas sobre os presos en celas de aillamento en preventiva porque non foran encerrados sen luz nin contacto en razón de castigo senón dentro do limbo legal da “situación segregada”. Seguir lendo A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos→
Fidel Castro reflexiona sobre a incursión de comandos USA en Paquistán.
O compañeiro Fidel defende neste escrito a tese de que a incursión que rematou coa vida de Osama Ben Laden foi un asasinato e un crime de estado, ademáis dunha violación da soberanía de Paquistán e unha ultraxe ás tradicións e crenzas dos musulmáns. Fidel recorda a oposición histórica da Revolución Cubana ás accións que puideran pór en perigo vidas de civís pois de feito, sendo partidarios da loita contra a tiranía batistiana, os revolucionarios condeaban todo acto violento que implicase risco de morte de persoas inocentes. “Tal conduta, honrada durante máis de medio século, outórganos dereito a expresar opinión sobre un asunto tan delicado”, escrebe o Líder da Revolución. Seguir lendo O asasinato de Ben Laden→
O ministro de Relações Exteriores de Cuba, Bruno Rodríguez, afirmou hoje aqui que a União Europeia (UE) carece de autoridade moral para falar sobre a situação dos direitos humanos em seu país.
“Defendemos Cuba pola solidariedade, a paz, a vida e a democracia verdadeira”, dixo Carlos Tena no remate da manifestación celebrada domingo no centro de Madrid a prol da Revolución baixo o lema “Cuba non está soia”. Milleiros de persoas foron defender a independenza e o socialismo en Cuba e criticaron o renovado cerco dos medios capitalistas de toda a UE, e en particular do Estado español.
Corenta organizacións respaldaron a marcha. No remate Alicia Hermida e Willy Toledo denunciaron o cerco dos altifalantes do poder financeiro contra Cuba e os paises de América Latina que defenden unha politica independente e soberana fronte o imperialismo dos Estados Unidos e da UE. No manifesto salientouse que os que bombardean a opinión pública en presunta defensa dos dereitos humanos son cabezaleiros dos terroristas e torturadores en Guantánamo, Abu Ghraib, a Palestina ocupada asi como nas cadeas e comisarias do Estado español. Seguir lendo Manifestación solidaria con Cuba en Madrid→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"