Arquivo da etiqueta: Ignacio Ramonet

“Bolivia, Venezuela, Cuba, Nicaragua, Salvador, Uruguay e Brasil, son razóns contra o pesimismo en América Latina” (Ignacio Ramonet na TV Cubana)

Cubadebate – Edición e traducción de Terra Sen Amos

Intervindo no popular programa Mesa Redonda da TV Cubana, Ignacio Ramonet dixo que habia razóns en América Latina contra o presimismo dos progresistas: “Evo Morais en Bolivia e Nicolás Maduro en Venezuela, dúas fortalezas que compre sumar ás xa existentes: Cuba baluarte absolutamente fortalecido; o Sandinismo en Nicaragua, Salvador en certa medida, Uruguay, onde a Fronte Ampla segue gobernando; e o Brasil, onde hai perspectivas. Ramonet foi entrevistado dia 25 polo xornalista  Randy Alonso , director do espazo de maior audiéncia da TV Cubana.

Ramonet confia nunha América Latina que defende as súas conquistas sociais. Na foto, con Randy Alonso, director de Mesa Redonda.

Seguir lendo “Bolivia, Venezuela, Cuba, Nicaragua, Salvador, Uruguay e Brasil, son razóns contra o pesimismo en América Latina” (Ignacio Ramonet na TV Cubana)

Ignacio Ramonet promove na Habana a defensa contra o dominio imperial dos datos

Cubadebate – Terra Sen Amos

Ignacio Ramonet chama Imperio de la Vigilancia ao novo estado de control mundial de datos en benefício do gran capital e para regresión das liberdades. O seu último libro, con este título, foi presentado na Feira Internacional do Libro da Habana por Rosa Miriam Elizalde, directora de Cubadebate, quen comparou o uso masivo de información na Big Data co estado de control integral descrito por George Orwell no seu 1984.

O xornalista galego Ignácio Ramonet durante a presentación do seu libro “El Imperio de la Vigilancia”, na Feira do Libro da Habana.

Seguir lendo Ignacio Ramonet promove na Habana a defensa contra o dominio imperial dos datos

Ignacio Ramonet, censurado en La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris por ter entrevistado a Fidel

Terra Sen Amos – Redacción

Cando un respectado xornalista coma Ignácio Ramonet denuncia a mentira coa que os medios dominantes informan sobre Cuba, él mesmo é castigado coa censura, o silenzo e o ostracismo. La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris-VII, tratan a súa colaboración coma un estigma depois da aparición do livro de conversas Fidel Castro, a miña vida (edicións Xerais, en versión de Xosé García Crego) produto de cinco anos de documentación e de demoradas entrevistas co Lider da Revolución. Ramonet, nado en Redondela no 43, exiliado  en Tánxer coa súa familia por Franco e formado en Paris, denúncia a censura contra Cuba dos mesmos medios poderosos que acusan de silenzo e manipulación a unha pequeno illa bloqueada e sen recursos.

A longa entrevista de Ramonet con Fidel é unha insustituibel historia da Revolución Cubana e apareceu co titulo de Biografía a dúas Voces.

A longa entrevista de Ramonet con Fidel é unha insustituibel historia da Revolución Cubana e apareceu co titulo de Biografía a Dúas Voces.

Seguir lendo Ignacio Ramonet, censurado en La Voz de Galicia, El Pais, Radio France e a Universidade de Paris por ter entrevistado a Fidel

Debaten o desafío dunha “Cuba Post-Bloqueo” mentres EUA mantén o cerco

Belarmino Vázquez-Terra Sen Amos
Algúns apurados enterradores do bloqueo de EUA contra Cuba, levan a súa impaciencia a culpar a Revolución de falla de decisión e de tentación autárquica, logo de pretenderen que EUA agasallounos cun novo trato por cordiallidade democrática. Por exemplo “A Cuba post-bloqueo: nostalxia ou esperanza”, do suplemento “A Fondo” de Sermos Galiza de 12.03.15, trata a situación de Cuba depois de EUA propor o restablecimento de embaixadas. O argumento inicial ou proposta editorial do monográfico, que leva o lema “en profundidade” é que Cuba precisa “repensar o modelo” e “innovar para subsistir”, un desafío que Xulio Rios, autor do texto, chama “difícil tesitura para a supervivencia” con recomendacións que non deixan espazo para a dúbida: “buscar a eficiencia e a asunción social de responsabilidades poñendo fin ao paternalismo” ou “asumir a necesidade de experimentar fórmulas que permitan avanzar cos tempos”. A mundialmente recoñecida orixinalidade dunha Cuba pobre e sitiada, a súa capacidade para manter independenza (o Goberno Revolucionario conserva intocada a dirección do Estado e da economía dende 1959) e o seu manifesto éxito diplomático fronte un adversario armado, rico e decidido a acabar a illa por fame, son recoñecidas nun breve consello a “non perder de vista o valor das experiencias propias”,  mentres encarécenlle aprender “dos procesos de transformación doutras economías planificadas”. Tratamos de identificar as oportunidades presuntamente ofrecidas a Cuba no tempo actual: por exemplo a citada “afirmación dunha orde multipolar” configuradora “da emerxencia de novos actores que poxan polo recoñecemento da diversidade”. Se por acaso refírese á defensa da independencia da RBV, por exemplo, o dereito a se gobernar en Democracia élle negado por EUA, con claro desprezo a 19 consultas, e apenas ten menos importancia a presión imperial sobre a República Arxentina e o Brasil, paises ricos en recursos e nada a ver con Cuba á que “A Fondo” recomenda “habilidade e atrevemento a todos os níveis”. A proposta de “transcender o numantinismo” (sic) suxire unha Cuba voltada para a autarquía para se defender do fin do bloqueo, á que chaman “tentación de odisea autárquica”, cando é máis certa a permanencia concreta do bloqueo, como proba a execución en 13.03.15 dunha sanción ilegal de EUA  de 1.710 millones de dólares ao Comerzbank alemán por “violación das sancións sobre transacciones con Cuba e outros países tamén bloqueados. É argumento da Prensa conservadora española (un sistema de información reaccionario e sen crítica de difusión semellante) que a teimosa Cuba socialista ven de recibir unha lección de apertura da democrática EUA, cando a realidade é plenamente inversa: Cuba con infinitamente menos medios ca o Imperio, defendeu a súa independencia con graza, intelixencia e valor. Tal descreben, por exemplo Nelson Mandela, Salim Lamrani, Ángela Diez, Helen Yaffe, Steve  Ludlam, Itsván Meszaros, Ignacio Ramonet, Fernando Martínez Heredia, Don Fitz ou Piero Gleijeses entre outros, que suman o seu criterio ao da maioría da Asemblea da ONU. Autores, personalidades e institucións que ponderan a inventiva, habilidade diplomática e valentía de Cuba e do seu pobo para non seren colonizados e salvar o seu proxecto de goberno soberano en paz e igualdade.

BLOK

INTELECTUAIS DE TODO O MUNDO ESIXEN AOS ESTADOS UNIDOS A LIBERACIÓN DOS CINCO

Pedro de la Hoz/ Granma

Intelectuais de todo o mundo reclaman a liberdade dos Cinco Presos Políticos cubanos en cadeas dos Estados Unidos.

Coñecidas figuras das ciencias e as letras de todo o planeta suscribiron un documento que reclama a inmediata liberdade dos cinco presos políticos de Cuba que os norteamericanos manteñen na cadea contra toda legalidade.

Considerados heroes en Cuba, sofren condenas de longa duración, algúns deles perpetua, acusados de espionaxe a pesar de que nunca manexaron ningunha información confidencial estadounidense.

O seu único obxectivo era previr atentados terroristas contra Cuba e informaron das súas investigacións ao propio FBI.

O documento, posto en circulación este venres baixo o título ¡ Liberdade para os Cinco cubanos presos en Estados Unidos! foi asinado en orixe por 245 artistas, escritores, científicos, académicos e representantes de colectivos, asociacións.

Entre eles os premios Nobel Nadine Gordimer de Suráfrica e Wole Soyinka de Nixeria así como o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, de Arxentina; e o de Física, Zhores Alfiorov, de Rusia.

Entre os asinantes hai vinte coñecidos norteamericanos coma a escritora Alice Walker, o actor Danny Glover, o filósofo, lingüista e ensaista Noam Chomsky, o ex Fiscal Xeral, Ramsey Clark, o xornalista Mumia Abu Jamal, quen por longos anos permaneceu no corredor da morte vítima tamén da inxustiza; Cindy Sheehan, nai dun soldado norteamericano morto no Iraq; o historiador e ensaista Howard Zinn, o reverendo Lucius Walker; e W.J.T Mitchell, un dos máis importantes semióticos das artes.

Tamén colocaron a súa asinatura ao pé do escrito Danielle Mitterrand, viúva do estadista francés Francois Mitterrand; o dirixente independentista portorriqueño Juan Mari Bras, e o bispo mexicano Samuel Ruiz.

Convencidos de que o encarceramento de Antonio Guerrero, Gerardo Hernández, René González, Ramón Labañino e Fernando González é “unha enorme inxustiza” adheríronse ao chamamento arquitectos como o brasileiro Oscar Niemeyer; filòsofos como o húngaro catedrático da universidade de Sussex, Istvan Meszaros, o mexicano Pablo González Casanova e o italiano Gianni Váttimo; poetas e narradores coma o uruguaio Mario Benedetti, o brasileiro Tiago de Mello e o ecuatoriano Jorge Enrique Adoum; cineastas coma o boliviano Jorge Sanjinés e o arxentino Fernando Solanas; xornalistas coma o chileno Manuel Cabieses e o hispanofrancés Ignacio Ramonet; e músicos coma o uruguaio Daniel Viglietti, o dominicano Víctor Víctor, o galego-francés Manu Chao, e o español Luis Eduardo Aute.