Pravda 27.01.15
“Desde o ano 2006, renunciei aos meus cargos por cuestións de saúde incompatibeis co tempo e esforzo precisos para cumprir un deber que me impuxen a min mesmo cando ingresei nesta Universidade, 4 de setembro de 1945, hai 70 anos. -explica Fidel Castro nun escrito con data de 26 de xaneiro, enviado aos seus compañeiro da Universidade da Habana que conmemoraban o aniversario do seu ingreso- Non era fillo de obreiro, nin carente de recursos materiais e sociais para unha existencia relativamente cómoda; podo dicir que escapei milagrosamente da riqueza. Moitos anos despois, o norteamericano máis rico, sen dúbida moi capaz, con case 100 mil millóns de dólares, declarou que o sistema de produción e distribución privilexiada das riquezas convertería de xeración en xeración aos pobres en ricos, segundo o despacho dunha axencia de noticias, xoves pasado 22 de xaneiro.
Arquivo da etiqueta: Lenin
As inquedanzas da xuventude cubana
Graziella Pogolotti – Juventud Rebelde
Contan que Raúl Roa, interrogado a inicios da década dos 50 por un grupo de estudantes acerca da diferenza entre os dese tempo e os participantes na Revolución do 30, respondeu: «Os mozos sempre son os mesmos, o que cambia son as circunstancias». Raúl Roa foi, ademais do inesquecible Chanceler da Dignidade, un extraordinario mestre. Máis alá da aula, á saída das súas clases, na daquela Plaza Cadenas, seguía conversando cos numerosos mozos que o rodeaban. A súa evocación viva de acontecementos, anécdotas e personaxes sementou ideas que contribuíron a conformar o ideario dos que asumirían a loita contra a tiranía de Batista.
A referencia parece necesaria nos días que corren, cando actitudes e comportamentos de moitos mozos defraudan as expectativas dos seus maiores. O enrarecemento do diálogo necesario pode ter consecuencias moi negativas. Propóñome despexar o tema do anecdotario conxuntural para tratar de abordar, a reserva de investigacións de maior alento, as causas do fenómeno. Seguir lendo As inquedanzas da xuventude cubana