Rosalia Naveira – Compostela
Martiño Noriega, Alcalde de Santiago, foi pousar unha rosa branca de inverno a José Martí no pear de granito levemente deitado, que mellora ao Pai da Independencia de Cuba a vista regalada da Galaxia, dende o centro do Parque Eugenio Granell. Figura de Martí: no mundo enteiro emblema de liberdade dos pobos, depois de ter servido de guia a súa patria cubana e a toda América na batalla pola liquidación do modelo humillante da maquía e manumisión imperial, que o Polifemo do Norte teima por espetar na illa dende os tempos de Thomas Woodrow Wilson, primeiro Premio Nobel da Paz colonialista. Honrada vontade do alcalde Noriega, de restituir Martí o seu lugar en Santiago, depois de se perder do Castiñeiriño con violencia de soplete e desleigo burocrático de gobernos da Casa de Raxoi. Ao pé da figura recuperada, o pródigo foi saudado por Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana que leva o nome de Francisco Villamil, mambí Galego compañeiro de trocha de Martí , e por José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba na Galiza, a beira do Alcalde no acto de reposición. Na mañá de neve, Jamila Purofilin rompeu o cristal xeado con tres retrousos de Martí, e o de honra final foi para a Guantanamera, no verso que anuncia a xustiza definitiva da longa guerra labrega de Cuba, por fin soldada para sempre na Serra Maestra cos guerrilleiros chegados do mar.
Martiño Noriega , José Antonio Solana e Valentin Alvite reciben de volta a Marti no Parque Eugenio Granell de Compostela.