Cuba adicou, en 2016, 50% do seu orzamento á educación, saúde pública e asistencia social, segundo informou a ministra de Finanzas e Prezos ao presentar a liquidación anual. Lina Pedraza Rodríguez, deu conta de máis de 200 millóns de consultas médicas e estomatolóxicas no exercicio vencido, a máis da entrega de recursos precisos para a hixiene pública e eliminación de vectores de contáxio. No rendemento de contas do orzamento de 2016, tamén figuran as medidas para recuperar vivendas, escolas, vias públicas, redes de auga, infraestructuras e comunicacións, da ruina causada polo furacán Matthew.
Terra Sen Amos – Redacción Raúl Castro dixo na Asemblea de Parlamento que a economia de Cuba entrou en recesión en 2016 cunha baixada do PIB do 0,9 %. Con todo, anunciou que o crecemento rondará o 2% no 2017. O presidente cubano atribuiu o decrecimento da economia no exercicio de 2016 aos recortes nos subministros de combustibel e as tensións financeiras, o que non impediu preservar plenamente os servizos de educación e saúde gratuitos e evitar o colapso da economía ou o regreso dos apagóns, “como auguraban medios internacionais de prensa hostís”.
Ariel Terrero – Cubadebate (traducción e edición de Terra Sen Amos)
Nada máis asomar no horizonte caribeño o furacán Matthew, a prensa cubana despregou artes verdadeiras de información e con profesionalidad e dilixéncia, deu conta da nova ameaza, as medidas de preparación, a desfeita de Baracoa e outras localidades do extremo oriental de Cuba e dos labores de recuperación. Os xornalistas saíron a busca da noticia para comunicala decontado e máis unha vez probaron saber facelo. A revista televisiva especial dirixida por Cristina Escobar e Lázaro Manuel Alonso, ben artellada cos tele-centros locais e co Centro de Prognósticos do Instituto de Meteorología, tivo expresións similares na radio. As radioemisoras provinciales e municipais inventaron solucións enxeñosas de conexión co resto do mundo. Na rede de redes, o seguimiento certeiro do furacán, propiciou en Cubadebate cifras históricas de visitas. A mellor evidencia da inventiva e rigor dos xornais foi a profusión de información xunto aos partes, imprescindíbeis, dos meteorólogos e da Defensa Civil.