Un resto de sol debulla nas ponlas deferentes dos salgueiros e no peso que abruma as costas de Martí, no xardín de Montero Rios de Vigo, e a voz de María e os acordes de Pedro e José, invitan a parroquia internacionalista a honrar 26 de xullo do 53 e o tesouro de solidariedade patriótica e xustiza igualitaria gardado por Cuba dende aquela data. En nome da Francisco Villamil, Luisa Cuevas Raposo recorda a entrada da Revolución na Habana en Xaneiro de 1959 e o cerco do Imperio tan cruel e largacío coma verdadeiro era o desafio independentista. Presentado o libro Nós, contra o Bloqueo, Nós con Cuba, contribución da Villamil a Campaña Internacional contra o Bloqueo, interviron Xosé Luis Méndez Ferrín e o cónsul xeral de Cuba en Galiza, José Antonio Solana.
Herminio Barreiro foi amigo de Cuba e admirador e propagandista da grande obra da educación na Revolución. O mestre de varias xeracións de mestres, foi recordado o dia 8 no cemiterio do seu Sisán natal (Ribadumia) pola súa confianza na educación coma arma para cambiar o mundo e gañar a xustiza, a convivencia e a liberdade. Na invocación de despedida, o seu amigo Mendez Ferrín, presidente da Academia Galega, salientou o compromiso de Barreiro coa Revolución cubana como parte da súa condición de mestre que quería non só interpretar o mundo senón transformalo na dirección do socialismo.
O profesor Barreiro participou como asociado e amigo nos traballos da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. El foi, por exemplo, o encargado de narrar o protagonismo de Ernesto Che Guevara na batalla contra a dependencia e o colonialismo en Cuba e en toda América, co gallo da efeméride “O Che un Soldado de América” organizada pola “Francisco Villamil”. Seguir lendo Herminio Barreiro, o mestre propagandista da revolución educativa de Cuba→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"