Arquivo da etiqueta: Manolo Pipas

Conmemoración do Moncada e presentación do libro “Nós, contra o Bloqueo. Nós, con Cuba” fronte a estatua de Martí en Vigo

Lina Lobeira – Terra Sen Amos (Vigo)

Un resto de sol debulla nas ponlas deferentes dos salgueiros e no peso que abruma as costas de Martí, no xardín de Montero Rios de Vigo, e a voz de María e os acordes de Pedro e José, invitan a parroquia internacionalista a honrar 26 de xullo do 53 e o tesouro de solidariedade patriótica e xustiza igualitaria gardado por Cuba dende aquela data. En nome da Francisco Villamil, Luisa Cuevas Raposo recorda a entrada da Revolución na Habana en Xaneiro de 1959 e o cerco do Imperio tan cruel e largacío coma verdadeiro era o desafio independentista. Presentado o libro Nós, contra o Bloqueo, Nós con Cuba, contribución da Villamil a Campaña Internacional contra o Bloqueo, interviron Xosé Luis Méndez Ferrín e o cónsul xeral de Cuba en Galiza, José Antonio Solana.

Ferrín fala sobre o a pedagoxía internacionalista de Cuba. A súa beira, Luisa Cuevas Raposo, presentadora do acto.

Seguir lendo Conmemoración do Moncada e presentación do libro “Nós, contra o Bloqueo. Nós, con Cuba” fronte a estatua de Martí en Vigo

A Homenaxe Nacional ao Che, dá cabo a cinco meses de difusión e honra do seu legado

Rosalia Naveira – Compostela

 Lóstregos dun noticiario en branco en negro de hai 50 anos sobre o foro esquerdo do Teatro Principal de Santiago: o sorriso do Che, de faciana pálida, mirada intensa, camisa aberta, tan diferentes da imaxe dixital. Sobre a figura de Guevara ven a música, a poesia e os discursos da Homenaxe Nacional ao guerrilleiro en Compostela ao se cumprir medio século da súa caida en combate. O Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara, constituido fins de xullo pasado (entre BNG, UPG, MGS, FOGA, PCPG, CIG, Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) e Asociación de Solidariedade Galego-Cubana Francisco Villamil) asumia a proposta internacional de lembranza do heroe, lanzada por Evo Morales. Un programa de cinco meses de debates abertos, proxeccións e faladoiros, remata no encontro de Compostela.

Na mesa de son e luces da Homenaxe, dous voluntarios da “Francisco Villamil”: Alberto López Martinez e Xosé Manuel Viqueira Sende. (Foto cedida por Merchi Santiago)

Seguir lendo A Homenaxe Nacional ao Che, dá cabo a cinco meses de difusión e honra do seu legado